lunes, 17 de junio de 2019

GALIZA: A Garda Civil deten ao historico independentista Antóm Garcia Matos e a súa compañeira Asunción Losada.

Rexistro na casa dun militante independentista ao que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado relacionan con Resistencia Galega
Imaxe do despliegue represivo en Vila Marín /  foto Causa Galiza.

correovermello-noticias
Compostela, 16.06.19
A prensa galega e medios das organizacions anti-represivas dan conta da detencion do historico independentista galego Antóm "Toninho" Garcia Matos, da súa compañeira Asunción Losada e dous persoas mais Nicolás Gonzalez e Miguel Garcia.
A operación,  represiva, nas provincias de Pontevedra e Ourense, iniciouse a primeira hora do sabado, contra supostos membros da organización Resistencia Galega, a que atribúenselle máis de sesenta accións violentas, moitas delas realizadas con explosivos. A última acción de Resistencia Galega foi a colocación dun artefacto no Concello de Baralla (Lugo) o 1 de outubro de 2014.
Medios tanto nacionalistas coma independentistas galegos, duvidan mesmo, da existencia da nomeada organización armada e da relación dos detidos coa mesma.
Dende a organización anti-represiva Ceivar e Causa Galiza califican os feitos coma "unha nova montaxe policial contra o independentismo organizado" dada a proximidade do Día da Patria Galega e teñen convocado para hoxe, concentracións de protesta, as 20:30 nas localidades de Burela, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e A Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario