113. Como ilustración da incapacidade de Stalin para impedir que os Primeiros Secretários se burlasen dos princípios que inspiraban as eleizóns democráticas, Zhukov menciona un incidente que tivo lugar no Pleno do Comité Central de outubro de 1937. Kravtsov, Primeiro Secretário do Kraikom (Comité Rexional G.F.) de Krasnodar foi o único en recoñecer o que os seus colegas fixeran secretamente as semanas anteriores. Fixo un perfil da selección de aqueles candidatos a deputados do Soviet Supremo que se axustaban aos intereses do "liderazgo amplo"."Apresentamos os nosos candidatos ao Soviet Supremo", manifestou con sinceridade Kravtsov."Quen son estes camaradas? Oito son membros do Partido, dous non son membros nen do Partido nen do Komsomol. Así cumprimos coa porcentaxe de candidatos non membros do Partido que aprobou o Comité Central. Pola sua ocupación, estes camaradas clasifican-se en: catro empregados do Partido, dous empregados no Soviet, un secretário de Kolkhoz, un conductor, un tractorista, un traballador do sector do combustíbel...Stalin: Quen son?Kravtsov: Entre os dez está Yakovlev, Primeiro Secretário do Kraikom e secretário do Comité Executivo do Krai.Stalin: Quen te aconsellou iso?Kravtsov: Teño que dicer, camarada Stalin, que fun aconsellado aquí, no Comité Central.Stalin: Quen?Kravtsov: Aquí, no Comité Central, designamos o noso secretário do Comité Executivo do Krai, o camarada Simochkin, e contou coa aprobación do Comité Central.Stalin: De quen?Kravtsov: Non o sei, non podo dicer quen.Stalin: É unha mágoa que non podas dice quen, porque te informaron moi mal." (Zhukov, Inoy 486-7)
114. Evidentemente, todos os Primeiros Secretários estaban facendo o que só Kravtsov afirmou, ignorar o princípio de eleizóns secretas ao Soviet, princípio que eles votaran nun anterior Pleno, pero que nunca aceitaron na prática. Isto sinala a derrota definitiva de Stalin neste tema, as reformas constitucionais e eleitorias que el e outros líderes centrais encabezaran durante dous anos.
115. A reforma democrática foi derrotada, e o antigo sistema político mantivo o seu sítio. O plano de Stalin para eleizóns abertas desapareceu para sempre: "Deste xeito, a tentativa de Stalin e do seu grupo de reformar o sistema político da Unión Soviética rematou nun rotundo fracaso". (Zhukov, Inoy 491)
116. Zhukov pensa que de rexeitar Stalin as esixéncias de poderes extraordinários por parte dos Primeiros Secretários, seria probábel que este fose destituido, detido por contrarrevolucionário e executado"... Hoxe Stalin estaria entre as vítimas da represión de 1937, e o "Memorial" e a comisión de A. N. Yakovlev estaria desde hai moito tempo reclamando a sua reabilitación". (Zhukov, KP 16 Nov. 02)
117. En Novembro de 1938, Lavrentii Beria colleu o posto de Yezhov como xefe do NKVD. As "troikas" foron abolidas. As execucións extraxudiciais acabaron e os responsábeis dos terríbeis excesos foron xulgados e executados ou encarcerados.(26) Mais a guerra estaba perto. O governo francés negou-se a continuar coa xa moi feble alianza franco-soviética (A URSS desexaba unha moito máis forte). Os aliados cederon Checoslováquia a Hitler e aos fascistas polacos, sen nengún tipo de loita. A Alemaña nazi acordou unha alianza co governo fascista de Polónia, coa idea de invadir a URSS. No Estado español, o bando republicano, a quen os Soviets tanto axudaran, estaba a piques de perder a guerra. Itália invadia Etiopia, sen que a Liga de Nacións fixera nada. Franza e Inglaterra, co apoio da maioria da Europa ocidental, animaba descaradamente a Hitler para que invadira a URSS. (Lubianka B, No. 365; Leibowitz)
118. Xapón, Itália e Alemaña tiñan un tratado de mútua defensa, e un pacto "Anti-Komintern", ambos os dous expresamente dirixidos contra a Unión Soviética. Todos os países europeus fronteirizos (Polónia, Rumania, Bulgária, Hungria, Finlándia, Estónia, Letónia e Lituánia) eran ditaduras militares de corte fascista. En 1938, un ataque xaponés en Khasan causou uns 1.000 mortos no Exército Vermello. Un anos despois, outro ataque xaponés, está vez en Khalkin-Gol, foi rexeitado polo Exército Vermello. As baixas soviéticas ascenderon a 17.000, incluindo case 5.000 mortos; mália as baixas, o triunfo soviético foi decisivo xa que Xapón non volveu atacar á URSS. Porén, nesas datas, o governo sovietico non podia saber isto. (Rossiia I SSSR v Voynakh)119. Após 1938, o governo de Stalin non volveu tentar pór en prática o sistema democrático eleitoral reflectido na Constitución de 1936. Amosaba isto o ponto morto ao que se chegara entre Stalin e os Primeiros Secretários no Comité Central? Ou, pola contra, dominaba a idea que, cunha guerra ás portas, os esforzos democratizadores tiñan que agardar tempos máis pacíficos? As probas coas que contamos non permiten unha conclusión firme.
120. Porén, coa substitución de Yezhov por Beria (formalmente en decembro de 1938, na prática unhas semanas antes) tivo lugar un contínuo proceso de reabilitacións. Beria liberou a uns 100.000 prisioneiros de campos e cárceres. Isto foi seguido polos xuízos contra os dirixentes do NKVD acusados de torturas e execucións extraxudiciais. (Thurston 128-9)
PARTE SEGUNDA
Durante a guerra
1. Cando estaba a rematar a Segunda Guerra Mundial, Stalin e os seus partidários no Politburó volveron tentar de novo afastar o Partido Bolchevique do controlo directo do governo soviético. Así é como Yuri Zhukov descrebe o sucedido:"En xaneiro de 1944..., por primeira vez durante a guerra, foi convocado conxuntamente o Comité Central e unha sesión do Soviet Supremo da URSS. Molotov e Malenkov prepararon un borrador dun decreto do Comité Central no que se apartaba legalmente ao Partido do poder. O Partido manteria as suas funcións de axitación e propaganda, como tamén a selección de cadros; ninguén poderia afastá-lo destas tarefas próprias de partido. O borrador impedia ao Partido intervir nas cuestións económicas e no funcionamento dos órgaos do Estado. Stalin leu o borrador, trocou seis palavras, e escrebeu: "Conforme". O que sucedeu despois continua a ser un mistério...Era esta unha nova tentativa de conducir o papel do Partido no Estado, retendo só as funcións que realmente realizou durante a guerra. O borrador tiña cinco sinaturas: Molotov, Malenkov, Stalin, Khrushchev e Andreev. Non existe nengún rexistro taquigráfico, polo que só podemos especular sobre o sentido do voto dos demais participantes na reunión. Nen tan sequer o todopoderoso Comite Estatal de Defensa, con catro membros no Politburó, foi quen de mudar o estado das cousas. Isto amosa, máis unha vez, que Stalin nunca tivo o poder que lle presupoñen tanto anti-stalinistas como stalinistas.” (Zhukov, Kul'tovaia) (27)
2. Descoñecemos como se pensaba distanciar ao Partido das cuestións económicas e do estado. Probablemente, estivese previsto algún outro método para dotar aos órgaos do estado de persoal. Significaria isto unha volta ás eleizóns como se especificaba na Constitución de 1936?
3. Independentemente das respostas a estas perguntas, parece claro que o Comité Central, dominado polos Primeiros Secretários do Partido, rexeitou novamente os proxectos do grupo de Stalin para mudar o sistema soviético. No seu Informe Secreto, Khruchev nega a celebración deste Pleno! Xa que a meirande parte dos membros do Comité Central presentes na leitura do Informe sabian que isto era mentira, pode ser que o obxectivo desta mentira fose deixar claro que ese perigoso movimento contra o seu poder estaba formalmente soterrado.Despois da Guerra
4. Vimos que Stalin coidaba un importante problema, tanto para a URSS como para o Partido Bolchevique, a situación de "dobre poder". O Partido, no governo, era quen realmente dirixia a sociedade. Cada vez máis, os funcionários deixaban as tarefas de xestionar a produción para se adicaren a controlar o poder através da supervisión.
5. Afastando o Partido do controlo directo de estado acadarian-se vários obxectivos:- Institucionalizaria-se a Constitución de 1936, reforzando os lazos entre a povoación soviética e o estado soviético.- Devolveria á dirección dos órgaos estatais a aqueles realmente cualificados.- Impediria que os níveis superiores do Partido se converteran nunha casta de parásitos e corruptos.
6. O Politburó reunia-se, antes da guerra, cando menos duas veces por semana. En maio de 1941 Stalin converte-se na cabeza oficial do Estado soviético, relevando a Molotov no posto de Secretário do Consello de Comisários do Povo (Sovnarkom), o órgao executivo oficial do governo da URSS.
7. Mais durante a guerra, a URSS non foi dirixida nen por este órgao nen polo Partido, senón polo Comité Estatal de Defensa, composto por Stalin e tres dos seus colaboradores máis cercanos. Durante a guerra, o Comité Central convocou só un Pleno, mentres que as reunións do Politburó, non só durante a guerra senón tamén acabada esta, eran moi infrecuentes. Segundo Pyzhikov, "o Politburó, na prática, non exercia". O disidente soviético Zhores Medvedev coida que o Politburó se reuniu só 6 veces en 1950, 5 en 1951 e 4 en 1952. (28) É dicer, Stlain distanciou o Politburó do controlo do Estado.(Pyzhikov, 100; Medvedev, Sekretnyi)
8. Semella que Stalin descoidou o seu papel como cabeza do Partido. Os Plenos do Comité Central foron distanciando-se cada vez máis no tempo. En 13 anos, desde 1939 até 1952, non se convocou nengún Congreso do Partido. Após a guerra, Stalin asinou decisións conxuntas do Partido e do governo simplesmente como Secretário do Consello de Ministros (o renomeado Consello de Comisários Populares), delegando nalgún dos outros secretários do Partido, Zhdanov ou Malenkov, asinar no nome do Partido. (Pyzhikov 100)
9. A autoridade do Partido continuaba a ser grande. Ainda que, quizais, isto fose só porque Stalin era ainda Secretário Xeral do Partido. Era o único líder do bando aliado que permanecia en activo despois da guerra. Roosvelt morrera e Churchill perdera as eleizóns de 1945. Non exaxeramos se afirmamos que, entre os traballadores, Stalin era a persoa máis coñecida e respeitada do mundo. O movimento comunista que el encabezaba era a esperanza de centos de millóns de persoas. A sua figura ainda se agrandou máis como consecuéncia da vitória sobre o fascismo. O grande prestíxio de Stalin como xefe de estado, concedia autoridade ao conxunto da dirección do Partido. (Mukhin, Ubiystvo 622; Ch. 13)
10. As accións de Stalin suxiren que ainda tentaba desaloxar ao Partido do controlo directo sobre o estado. Porén, se isto foi así, debeu facé-lo con moitas precaucións. Podemos deducir as razóns deste atitude coidadosa:- A exposición dunha infundada falla de confianza no Partido significaria un pésimo exemplo para outros países do mundo, onde os Partidos Comunistas ainda non acadaran o poder.- Tiña na sua contra ao Comité Cental e a nomenclatura, como xa acontecera antes da guerra.Eis as razóns que explicarian a sua cautela, evitando no posíbel encontróns.O Proxecto de Programa de Partido de 1947
11. É probábel que os proxectos de democratización do grupo de Stalin fosen máis dos que coñecemos hoxe. Aleksander Pyzhikov, historiado anticomunista e antiestalinistas, citou interesantes seccións dun borrador de programa do Partido datado en 1947, no que se impulsaba a democrácia e o igualitarismo na URSS. Este fascisnante e totalmente descoñecido proxecto nunca foi, evidentemente, publicado e non está a disposicion doutros investigadores.
12. Estas son as citas de Pyzhikov:"O desenvolvimento da democrácia socialista como base da construción dunha sociedade socialista sen clases convertirá, cada vez máis, a ditadura do proletariado na ditadura do povo soviético. A participación cada vez maior dos indivíduos na dirección dos asuntos estatais, o medre da conciéncia comunista e da cultura comunista na povoación, e o desenvolvimento da democrácia socailista conducirán á progresiva desaparición das formas de coacción da ditadura do povo soviético, sendo substituidas pola influéncia da opinión pública, estreitando-se cada vez más as funcións políticas do Estado, que ficaria como órgao de dirección da vida económica do país."Pyzhikov resume así outras partes deste documento inédito:"Particularmente, o borrador trataba sobre o desenvolvimento da democratización da orde soviética. Este proxecto entendia como esencial a incorporación dos traballadores na dirección do Estado, na actividade estatal e social diária sobre a base dun desenvolvimento estábel do nível cultural das masas e unha simplificación máxima das funcións de dirección estatal. Na prática, estabelecia a unificación do traballo produtivo coa participación na dirección dos asuntos estatais, no camiño de conseguir a total dirección do estado por parte de toda a clase traballadora. Tamén, o proxecto, apostaba polo controlo directo por parte do povo da actividade lexislativa. O camiño era o seguinte:
a) Poñer en práctia o voto universal na toma de decisións nas cuestións fundamentais da vida governamental, tanto na esfera social como económica, así como en cuestión relativas á vida ás condicións de vida e ao desenvolvimento cultural.
b) Ampliar a iniciativa lexislativa desde abaixo, concedendo ás organizacións sociais o direito a presentar propostas lexislativas ao Soviet Supremo.
c) Confirmar o direiro dos cidadáns e organizacións sociais para apresentar directamente propostas ao Soviet Supremo referidas as cuestións máis importantes da política nacional e internacional.
Tamén se tiña en conta o modo de eleizóns dos directores. O proxecto do programa do Partido apostaba, de acordo co grau de desenvolvimento cara ao comunismo, pola eleizón de todos os cargos do estado, por cámbios no funcionamentos dunha série de órgaos estatais para converté-los en institucións responsábeis da contabilidade e supervisión da economia. Para isto, o máximo desenvolvimento posível de organizacións voluntárias e independentes foi considerado importante. Reforzou-se a importáncia da transformación comunista do coñecimento do povo, do desenvolvimento, sobre a base da democrácia socialista, entre as masas populares da "cidadania socialista", do "heroismo do traballo" e do "valor do Exército Vermello".
13.Continuando con Pyzhikov, Zhdanov informou sobre o traballo da comisión de planificación no Pleno do Comité Central de fevreiro de 1947. Propuxo concovar o XIXº Congreso do Partido ou a finais de 1947 ou en 1948. Tamén deu a coñecer un plano para convocar unha conferéncia de partido unha vez ao ano, "coa renovación obrigatória" de non menos dunha sexta parte dos integrantes do Comité Central anualmente. De levar-se adiante o proxecto, e se a "renovación" provocara unha maior rotación dos membros do Comité Central, isto conlevaria que os Primeiros Secretários e outros líderes do Partido no Comité Central estivesen menos atrincheirados nos seus cargos, abrindo as portas do órgao máis importante do Partido a novos dirixentes, facilitando o exercício da crítica dos líderes do Partido. (Pyzhikov 96)
14. Este valente proxecto repite moitas das ideas do "murchamento do estado" contidas na obra de Lenin O Estado e a Revolución, que a sua vez, reflicte as ideas sobre de Marx e Engels sobre o tema. Propoñendo a participación democrática directa en todas as decisións estatais vitais do povo soviético e das suas organizacións populares, e a "renovación" -ou cando menos, a posibilidade de substitución- de non menos dunha sexta parte do Comité Central cada ano através dunha Conferéncia de Partido, o proxecto desenvolvia a democrácia desde abaixo tanto no Estado como no próprio Partido.15. Pero o proxecto non saiu adiante. Como coas anteriores propostas para a democratización do Estado soviético e do Partido, descoñecemos os detalles de como sucedeu. Probabelmente foi rexeitado no Pleno do Comité Central. O XIXº Congreso do Partido foi posposto até 1952. Tampouco sabemos a razón. A natureza do borrador do programa do Partido fai-nos intuir que a postura contrária do Comité Central -os Primeiros Secretários- puido ser o motivo.(29)
No hay comentarios:
Publicar un comentario