domingo, 9 de noviembre de 2008

Galiza: No camiño da Folga Xeral

No marco das movilización contra as medidas economicas dos capitalistas é preciso erger un programa concreto de medidas anti-capitalistas que den contido político as mesmas.
Publicamos o seguinte comunicado dos camaradas do Comité de Loita Popular "Manolo Bello"


Ousar loitar ousar vencer. !
Mao Tse-tung.

CONTRA O CAPITAL FOLGA XERAL !

A Clase Obreira e ao Povo Traballador Galego:
Diante a convocatoria dunha xornada de loita, o vindeiro dia 13 de novembro, con manifestacions nas principaes cidades da Galiza, pola Confederación Sindical Galega facemos publico o noso apoio a mesma, no camiño, que coidamos necesario da convocatoria dunha Folga Xeral co claro obxetivo político para que sexan os capitalistas e non o povo traballador os que pagen a crisis do Capital.
Hai que descartar os chamados a "prudencia" e a "responsabilidade" que dende diversas "orquestas" reformistas e burguesas lanzan sobre o povo e suas organizacions.
A responsabilidade desta crisis e mesmo do peligro de desaparición do mundo é exclusivamente do Capitalismo internacional, non dos traballadores, e a toma do Poder polos mesmos, representa a unica garantia de rematar con este estado de cousas.
Diante dos programas da burguesía para sua salvación, temos que erger, desde agora, o Programa dos Traballadores.
Nos propoñemos, como minimas e urxentes, as seguintes medidas a nivel do Estado español:

A inmediata nacionalización da banca privada para poñerla baixo control do Estado e das organizacions politicas e sindicaes dos traballadores.
Seguro Único de Desemprego de 1.100.00 € por tempo ilimitado. Co programas eficaces de emprego.
Nacionalización, baixo control de seus traballadores, das empresas que presenten ERE o pechen, co obxetivo de crear cooperativas de traballadores con amplo respaldo financieiro do Estado.
Municipalización de todo-los servizos actualmente privatizados.

Coidamos que para lograr estes obxetivos temos que traballar, dentro dunha grande unidade popular, na creación de Comité Populares, organos de novo poder, que asuman a dirección das loitas e que respondan dun xeito horizontal diante dos traballadores.

Temos que ser nos, o povo, os protagonistas !
Temos que ousar loitar e ousar vencer !

Galiza, Novembro do 2008


COMITÉ DE LOITA POPULAR "MANOLO BELLO"

No hay comentarios:

Publicar un comentario