martes, 4 de noviembre de 2008

Galiza: Solidariedade cos camaradas italianos



Comunicado

CONTRA A REPRESIÓN DO MOVEMENTO OBREIRO E POPULAR POLO GOBERNO NEO-FASCISTA DE BERLUSCONI

Diante das noticias de novas medidas represivas contra os comunistas e sindicalistas, cercanos ao PC-maoísta e ao (n)PCI, por parte do governo Berlusconi e pola xudicatura italiana, queremos amosar a noso rexeitamento das mesmas e manifestar a nosa solidariedade de clase cos camaradas encausados.
Moi en particular, no caso da coñecida sindicalista do Slai-Cobas Margherita Calderazzi a cal foi aplicada unha multa de cien mil Euros por ter participado na loita contra a empresa do aceiro ILVA spa, (ex Italsider) na cidade de Taranto, na Puglia.
Esta importante aceria, do Grupo Riva, con perto de 14.000 traballadores é considerada unha das dez empresas mais contaminantes da UE.
O empresario Emilio Riva acusou-na de ser a autora intelectual dunha grande pintada que acusaba RIVA ASSASSINO e o xuiz Gastone De Vincentis, sen mais probas, teñe-la condeada a pagar esta monstruosa multa.
Asi mesmo outros camaradas, noutras partes do pais, teñen sido acusados de asociación subversiva por rebelarse xustamente contra a explotación e as medidas reaccionarias do governo, Governo da gran patronal, fondamente anti-popular, que quere eliminar entre outros o ensino e a sanidade publica.
Noso comité fai un enerxico chamado as organizaciones politicas e sindicaes da Galiza a amosar publicamente a sua solidariedade con estes compañeiros e compañeiras represaliados polo reximen da patronal italiana.

Galiza, Nov do 2008

COMITÉ DE LOITA POPULAR "MANOLO BELLO"

No hay comentarios:

Publicar un comentario