lunes, 19 de enero de 2009

Galiza: Gran manifestación de solidariedade co povo palestino.-


Hoxe dia 18 de Xaneiro na capital da Galiza, Santiago de Compostela, tivo lugar unha multitudianaria manifestación en apoio do povo palestino e de condea sin paliativos ao Estado sionista de Israel.

Perto de vinte mil persoas amosaron seu rechazo ao xenocidio do povo palestino e reclamaron a ruptura de relacions diplomaticas e comerciaes co ente sionista e unha explicita condea por parte do goberno autonomo que preside o socialista Perez Touriño en coalición cos nacionalistas do BNG.

A manifestación, convocada por perto de 80 organizacións políticas sindicaes e sociaes, percorreu as ruas de Compostela por mais de duas horas é sin duda historica e amosa o rexeitamento total das politicas de compadreo e impunidade desenvoltas pola diplomacia tanto do Estado español coma da UE diante deste novo xenocidio televisado.

En palabras do comunicado do Comité de Loita Popular "Manolo Bello": Os comunista da Galiza facemos un chamado ao noso povo para amosar a simpatia e solidariedade co todo tipo de accións que deixen claro aos imperialistas e aos racistas xudeus que non poderan asasinar impunemente ao heroico povo palestino.


No hay comentarios:

Publicar un comentario