lunes, 1 de agosto de 2011

ALGUNHAS CUESTIÓNS SOBRE A UNIDADE DOS COMUNISTAS NA GALIZA. Documento del CLP"Manolo Bello"

El presente texto nos fue enviado por los camaradas del Comité de Loita Popular "Manolo Bello" y en el mismo aborda la crucial cuestión de la reconstitución del Partido Comunista.
ALGUNHAS CUESTIÓNS SOBRE A UNIDADE DOS COMUNISTAS NA GALIZA.

O noso Comité sempre traballou pola reconstitución do Partido Comunista na Galiza, formando parte do MCI e da Revolución Proletaria Mundial.
Reconstitución que baseamos nos principios da ideoloxía proletaria, no carácter revolucionaria desta. Do seu carácter de ciencia en desenvolvemento, da necesidade da súa aplicación ás condicións especificas do noso país e da loita implacable contra as ideas burguesas, eclécticas e revisionistas que levaron á restauración capitalista no que foron as grandes revolucións proletarias do século XX, principalmente na URSS e na RPCh.

A claridade neste balance, require, esta é a nosa conclusión, asumir o Maoísmo como terceira e superior etapa da ideoloxía proletaria. Ideoloxía que encabeza os principais destacamentos revolucionarios que fan a revolución no mundo baixo a gran bandeira vermella da revolución proletaria. Ideoloxía que dá resposta aos acontecementos acontecidos no noso movemento e sinala o camiño a seguir.
O
Pdte. Mao sinalou xustamente que nos partidos comunistas hai comunistas con diversos niveis de formación e coñecemento da ideoloxía proletaria. Isto temos que telo en conta tanto na nosa formación coma nas nosas relacións con outros comunistas, camaradas que sinceramente queren a revolución e o fin do capitalismo imperialista.
No noso país o pasado mes de abril, tres organizacións que se definen como comunistas formaron unha plataforma, o Foro de Unidade Comunista galego, como acordo de unidade de acción destas.
En xeral son moitos os puntos de encontro coas ansias de unidade destes camaradas pero vemos con gran preocupación como se posterga o debate ideolóxico e a loita contra o revisionismo contemporáneo, dando prioridade a acordos de unidade de acción en loitas sindicais puntuais ou en datas como o 1º de maio.
Isto camaradas e dito con respecto, É máis do mesmo. Do que nos levou a esta situación de liquidación do noso movemento ¡
Non abonda declararse, Marxista-Leninista para ser revolucionario. Tamén se declaraban M-L os revisionistas soviéticos nos 60 ou na actualidade a camarilla revisionista chinesa

Temos que ser claros nestas cuestións, enfrontalas seriamente se non queremos repetir os erros do pasado, se queremos que as nosas declaracións non sexan simples palabras ao vento.
Non se reconstitúe un partido revolucionario en torno ao eclecticismo ou a eludir os problemas xurdidos na historia do movemento comunista internacional.
Hai que traballar pola Unidade/loita/transformación.
Esto é partindo dun sincero desexo de unidade, formular loita de liñas e transformándonos na práctica. Sen sectarismo, sen colgar etiquetas, pero con firmeza nos principios revolucionarios pois como sinalara Lenin; Sen ideoloxía revolucionaria non pode haber proceso revolucionario.

Galiza, agosto do 2011
Comité de Loita Popular "Manolo Bello"

No hay comentarios:

Publicar un comentario