Sobre a
chamada reforma da Constitución.
Con motivo da reforma da Constitución española por medio dun
pacto entre os dous principais partidos burgueses, PP e PSOE, baixo o ditado
dos imperialistas alemans e franceses, no que se segura por lei o pago das
dévedas do Estado. Se ten manifestado desde as forzas da "esquerda"
do sistema, IU a nível estatal e BNG a nível galego, un rexeitamento frontal a
dita medida, que calificase, na sua linguaxe, de instaurar, o neo-liberalismo na mesma carta magna e afirmase a necesidade
dun referendo para a decisión polo electorado nesta cuestión.
Desde o CLP "Manolo Bello" queremos amosar o noso
total rexeitamento a todo- los intentos de lexitimación dunha Constitución que reinstauro
a monarquía borbónica, da man do feixismo. Que nega e impede o direito de
Autodeterminación dos Pobos e que en se mesma lexitima a ditadura da burguesía
na sua forma de monarquía parlamentaria.
A confusión nesta
cuestión é evidente entre as forzas progresistas, pero ninguén e moito menos os
revisionistas de Esquerda Unida ou o BNG ignoran que están a xogar un papel
lexitimador deste sistema de opresión e explotación.
A posición clara dos comunistas revolucionarios é calificar
de noxenta pantomima todas as medidas da burguesía no seu afán de descarregar
sobre os traballadores o peso a crise económica, dun sistema colapsado pola
avaricia e a rapacidade dos seus organismos FMI, BM, BCE… e outros, verdadeiros
dirixintes do imperialismo mundial.
Facemos unha chamada pública á noso pobo traballador e ao
resto das masas nas nacionalidades do Estado a rexeitar aos "lexitimadores
do sistema" reformistas e revisionistas e a loitar consecuentemente pola
via da Revolución Socialista facendo parte da Revolución Proletaria Mundial. Novo
sistema, que co novo poder do proletariado, dará fin á explotación e a
opresión.
No sendero
vermello da Revolución Socialista!
Galiza, setembro do 2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario