sábado, 3 de diciembre de 2011
Galiza: Comunicado do CLP "Manolo Bello" condea represión polícial.
Comunicado.
Fronte ao operativo policial que se está desenvolvendo na Galiza, por motivos supostamente de terrorismo, contra compañeiros e compañeiras do independentismo galego, como comunistas revolucionarios queremos manifestar públicamente:
1. Que denunciamos e condeamos a constante de intimidación contra os sectores combativos da mocidade galega, por parte dos corpos represivos, que tratan de criminalizar o traballo que desenvolve en moitos ámbitos da nosa sociedade, con reiteradas actuacións, como o recente desaloxo, dos compañeiros e compañeiras que ocupaban pacíficamente a Sala Yago en Compostela.
2. Demandamos a inmediata presentación das compañeiras e compañeiros detidos ante un xuíz, para que determine a súa posta en liberdade.
Así mesmo manifestamos a nosa solidariedade e apoio ás familias dos detidos e a cantas iniciativas solidarias convóquese con estes obxectivos.
Galiza, 1 decembro do 2011
Comité de Loita Popular “Manolo Bello”
No hay comentarios:
Publicar un comentario