Perto de medio
millar de persoas concentraronse diante da Delegación do Goberno, para amosar a
sua solidariedade coa loita dos mineiros do carbón e seu rexeitamento as
mediadas contra o pobo do goberno reaccionario do Partido Patronal, convocadas
pola A Coruña en Loita ea que sumaronse sindicatos e outros
colectivos entre eles traballadores das empresas en loita na comarca como
Caamaño, Emesa ou Mafecco.
Consignas:
"A Coruña enteira
sintese mineira"
"A solución,
banqueiros a prisión"
"Non hai pan para
tanto chourizo"
"Que non, que non,
que non nos representan, que non !"
"Mais educación e
menos polícia"
"Folga, Folga Xeral
!"
A Concentración, dunha hora, pechouse coa lectura do comunicado da coordinadora A Coruña en Loita polo compañeiro Oscar, traballador da Torre de Hercules.
Xa rematada a mesma, perto dun centenar de persoas, protestaron diante da sede local do PP cortando o trafico na plaza de Mina. Ainda que non hubo incidentes a polícia identificou a varios dos congregados e mesmo detivo a un xoven, do que na actualidade non coñecemos a sua situación.
Amosamos o noso apoio ao detido e esiximos a sua inmediata posta en liberdade, pois a liberdade de expresión é un dereito democrático basico que non pode ser reprimido.
(As imaxes son unha
cortesia da compañeira Chuss.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario