O comandante Chávez e a Revolución
M. Alonso.
Ninguén hoxe, pode ignorar a
importancia da figura do recentemente falecido presidente venezolano Hugo Chavez tanto no seu país mesmo na Latino América. No seu redor, na chamada Revolución
Bolivariania amplos sectores do proletariado, do campesiñado e do
semi-proletariado teñen aparecido con forza na escena política democrática
venezolana. Escea da que foron borrados pola dictadura de Pérez Jiménez e despois polo pacto de Punto Fijo, que instauro
o bipartidismo histórico de AD e COPEI.
Evidentemente camaradas, Chavez no foi un revolucionario e menos un marxista, ainda que en mais dalgunha
ocasión manifestou súa admiración polo Presidente Mao, e coido recordar
que mesmo incomodamente diante dos novos mandarins da China, nunca entendeu que
a loita de clases é o motor da historia, o cal o papel do proletariado e seu
partido de vangarda nunha verdadeira revolución, unha revolución que instaure
un novo modelo económico antagónico co capitalismo, que remate coa propiedade privada dos
medios de produción, unha revolución que aparte de calquer parcela de poder aos
explotadores burgueses.
Chavez foi un dirixente patriótico,
formado polo eclecticismo ideoloxico patriotero das burguesías críollas en latino América, no exercito, e
confrontado a unha realidade de marxinación por ser un fillo do pobo mestizo. Á
realidade de explotación e do roubo sistemático dos gobernantes “representativos”
dunha democracia burguesa.
Á sua ideoloxia unha mextura baseada
nos postulados do liberador Simón Bolivar ( gran mito e fonte de lexitimidade
forxado pola burguesía latino americana ) e súa admiración polo caudillismo de
Fidel Castro, vino se a sumar o extendido odio dos pobos de latino América aos
imperialistas yankees. Tomando corpo así ideas como a do Socialismo do século
XXI, tan parecidas á do renegado Prachanda no Nepal uo o proxecto da chamada “patria
grande”, outro mito bolivariano
É certo camaradas, que supo vestir as reformas necesarias
para-la restructuración do vello Estado burgués como un proceso revolucionario
novedoso que atraio a todo tipo de idealistas ou a simples oportunistas dende os
revisionistas do PCV a hotxistas, trostkistas e ex guerrilleiros, de seguidores
de Lula, o de Perón.
Gran parte do potencial revolucionario
do pobo venezolano ten quedado enredado nestas redes que fomentaron mais o
clientelismo que a igualdade, que potenciaron a política de xestos anti-
capitalistas contra os “escualidos del country club” mais sen tocar seu poder
real, a propiedade privada dos medios de
produción en Venezuela. Ni tan sequera cando o presidente da patronal
fedecamaras, a vella raposa Carmona e seus conmilitons deron un golpe de
Estado, có respaldo dos EE.UU. e da España de Aznar, se tomaron medidas
punitivas, que naquel contexto dos
feitos, co amplo respaldo da poboación, podíanse haberse aplicado con facilidade.Pero o plan de restructuracion non pretendia outro obxetivo mais que os limitados das reformas modernizadoras.
Ninguén pode negar a capacidade de conectar coas masas populares de Hugo Chavez. Súa oratoria, súa posta en escea, seu personalismo propio dos caudillos populistas foi ó instrumento básico de sedución dun pobo (proletariado, semi proletariado e campesiñado) mantido ao marxe da loita política dende a década dos anos 50 con brutal represión. Un pobo apartado do reparto da riqueza, dun pais inmensamente rico, e carente, en moitas zonas, dos mais elementais servizos de sanidade, educación ou cultura. E é neses eidos no que os gobernos de Chávez fixeron a súa millor laboura. Novos hospitais, novas escolas e liceos, infraestructuras deportivas, así como un plan para erradicar o analfabetismo endémico durante moitos anos. Estes feitos, concretos e visibles tiñan creado fortes lazos entre amplos sectores populares con Chávez e súa “revolución Bolivariana” lo que explica que a súa morte fose amplamente sentida, dando mostras de autentico dor popular as imaxes da TV e demais medios informativos burgueses.
Hai camaradas que sostienen que a restructuración do vello Estado polo chavismo ten tintes corporativistas e fascistas, mais penso, compre unha analise mais concreta da política venezolana, sua correlación de clases para non caer no erro de confundir o fascismo historico co caudillismo populista. De calquer maneira penso que é na loita de clases no novo escenario, afloraran as contradiccions dentro e fora do eido do chavismo o que vai ser beneficioso na construción dun autentico partido comunista revolucionario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario