domingo, 19 de mayo de 2013
GALIZA: Actividades de GaliciaxPalestina
A Asociación Galiza por Palestina naceu no ano 2005 co fin de apoiar e promover a solidariedade
coa causa árabe, especialmente coa palestina. A nosa actividade foi crecendo sempre co
compromiso de atender a realidade humana, política e social de Palestina, Como resultado
deste traballo, este mes de maio de 2013, estamos a preparar actividades e proxectos con
diversos obxectivos:
Informar, transmitir e promover novas desde Palestina. O 15 de maio é o día da Nakba ( A
catástrofe), que neste ano denuncia 65 anos de inxustiza , expropiación e ocupación da terra
palestina. Galiza por Palestina, en colaboración coa Gentalha do Pichel e a Platafotrma BDS
Galiza, participa nunha semana de actos que se celebran neste Centro Social.
A solidariedade social é unha das nosas bases. A nosa organización colabora e promove a
cooperación internacional ao pór as asociacións, institucións organizacións e partidos políticos en
contacto con organizacións palestinas de recoñecida traxectoria. Nós só pretendemos fomentar as
actividades en Palestina feitas por palestinas e palestinos. Por iso debemos lembrar as institucións
palestinas que alí traballan e que nestes momentos de crise mundial, sofren aínda máis o bloqueo e
o abandono internacional. Son anos de colaboración cos Comités de Traballo para a Saúde, HWC
Palestine e queremos lembrar o seu importante traballo sociosanitario promovendo campañas de
axuda, doazóns e promoción de programas.
Presentar ao púbico a campaña online #impalestinian, coa cal pretendemos mostrar as caras da
solidariedade internacional coa causa palestina. Nesta actividade nas redes sociais, pretendemos
difundir mensaxes de apoio á poboación palestina e transmitir a realidade da cooperación diaria.
Promover as campañas de boicote, desinvestimento e sancións a Israel e apoiar actividades con tal
fin. O día 21 de maio, a cantante israelí Noa dará un concerto na Cidade da Cultura. En numerosas
ocasións, foi pedido á artista israelí que condenase os bombardeos a Gaza, mais nunca se
pronunciou en contra deste masacre. É responsabilidade das institucións púbicas que a ética
prevaleza. Polo tanto, mentres non haxa declaracións firmes contra o asasinato da poboación
palestina manteremos a nosa campaña de boicote a este concerto.
Por todo isto, informamos da axenda de actividades previstas este mes.
17 de maio, presentación da exposición #impalestinian na Gentalha do Pichel.
21 de maio, festa da campaña #impalestinian. Concerto de Mr Cool e actuación de Avelino
González. A recadación da venda de billetes, artigos solidarios e vales irá integramente á
ONG HWC- Palestine. Ás 21 h no Ultramarinos, Santiago de Compostela.
23 de maio, Conversas con Palestina. Charla coloquio sobre a realidade humana de persoas
palestinas que residen na Galiza. Ás 20 h, na Gentalha do Pichel.
Pregamos apoien,colaboren, difundan e promovan estas actividades.
Para máis información, contacten con
galizaxpalestina@gmail.com
galizaporpalestina.worpress.com
facebook/galizaporpalestina
twitter/galizaporpalestina
No hay comentarios:
Publicar un comentario