miércoles, 26 de junio de 2013

GALIZA: Declaración do C.C. do PCm-Galiza.






APOIAR A O IRMAN POBO BRASILEIRO.

A revolta popular no Brasil contra os precios da pasaxe tornase dia a dia unha clara revolta contra o sistema capitalista e súa falsa democracia.
Mentres millons de traballadores e traballadoras son oprimidos e marxinados, á burguesía brasileira gasta, nunha orxia de corrupción e despilfarro, miles de millons en estructuras deportivas carentes de toda utilidade para o pobo.

Á FIFA e otros organismos imperialistas teñen ordeado a seus lacaios da burguesía brasileira ocultar a pobreza e a marxinalidade, por medio de operativos militares, tras unha pantalla mediática de desenrolo e benestar e asi facilitar seus negocios, que para o pobo son pan para agora e fame do mañan.

Pantalla que ten estoupado en miles de anacos, polo movemento das masas populares fartas do saqueo do país por unha minoría privilexiada, que non duvida en destruir o Amazonas e seus pobladores en megaproiectos ao servizo das mineiras imperialistas. Os mesmos vendepatrias que agora que acusan as masas, de violentas, de golpistas e de ir contra os “intereses do Brasil”.
¡Canto cinismo! ¡Para isa minoría de explotadores, seus noxentos negocios son os “intereses do Brasil”!
Mais o pobo, o que mais ordea, ten dito basta e agora ergen bandeiras vermellas e revolucionarias.

O Comité de Construción do Partido Comunista maoísta- Galiza amosa á sua solidariedade internacionalista coas masas populares do Brasil, con as suas organizacions de clase e revolucionarias e fai un enerxico chamado a o noso pobo e a suas organizacions políticas, sindicais e sociais a denunciar á represión contra o irman pobo brasileiro e a sumarse as accións de repudio das mesmas.

Galiza, 21.06.13

Comité de Construción do Partido Comunista maoísta - Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario