jueves, 6 de junio de 2013

GALIZA: Declaración do PCm-Galiza en apoio do pobo turco e do norte do Kurdistán





APOIAR A LOITA DO POBO TURCO E DO NORTE DO KURDISTÁN !

Diante da criminal actuación das autoridades turcas contra manifestantes, que dun xeito pacifico amosaban o seu rexeitamento a un novo plan especulativo na praza Tarzim de Istambul o Comité de Construción do Partido Comunista maoísta  de Galiza manifesta:

1   A nosa solidariedade internacionalista coas amplas masas que sen medo, dun xeito heroico, enfrontan a represión dun réxime que baixo a dirección do feixismo islámico é unha ditadura opresora, punta de lanza do grupo bélico e criminal da OTAN.
     Á necesidade dunha denuncia activa do réxime islamo-feixista polos pobos do mundo.  Así mesmo un claro deslinde coas autoridades asasinas e corruptas  do réxime islámico esixindo o seu illamento internacional,  a posta en liberdade inmediata dos detidos e detidas  e o castigo para os responsables destes crimes.
3   Á  nosa solidariedade coas organizacións comunistas e revolucionarias da Turquía e Norte do Kurdistán e particularmente rendemos homenaxe aos e as camaradas das organizacións maoístas que teñen levado consecuentemente, mesmo a custo das súas vidas, a Guerra Popular revolucionaria, bandeira vermella da vitoria revolucionaría.

Facemos un urxente chamado ao noso pobo traballador, a súas organizacións políticas e sindicais a amosar publicamente o seu repudio a estes crimes, organizando todo tipo de accións de solidariedade cos traballadores e traballadoras, estudantes, artistas en loita contra o reaccionario réxime  turco.

Galiza,  5 de xuño do 2013

Comité de Construción
Partido Comunista maoísta - Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario