miércoles, 17 de julio de 2013
GALIZA: Pesar polo pasamento do compañeiro José Luis Muruzabal.
Onte, 16 de xullo, morria na Coruña, o coñecido avogado laboralista e antigo sindicalista José Luis Muruzabal Arlegui. Nos anos setenta como membro do PTE, protagonizou un peche na chimenea da Central Termica das Pontes e impulsou a constitución de sindicatos unitarios (por gremios). Sendo o maximo dirixente do Sindicato Obreiro da Construcción de A Coruña, constituido tras á exitosa folga do setembro do 1976.
Ó SOC foi ó primeiro sindicato en habrir unha oficina publica, nó Nº 27 da rúa Vizcaya, do populoso barrio de Los Mallos. Posteriormente uniriase a CSUT, confederación de sindicatos impulsada polo PTE.
Logo do afundimento das organizacions M-L (de nome, revisionistas na practica) Muruzabal rematou a carreira de dereito, adicandose fundamentalmente ao traballo como avogado laboralista, na INTG, na CXTG e na CIG. Sempre mantivo un activo e honesto apoio as causas populares ou esquencidas, foi impulsor dunhas das primeiras asociacions de apoio aos enfermos mentais, APEM, na Galiza.
Así mesmo recordar seu respaldo a campaña internacional do CIE en defensa da vida do Prte. Gonzalo e oa Comité Galego de Emerxencia cando dous de seus membros foron acusados, inxustamente, de terrorismo polo goberno do corrupto Felipe Gonzalez.
Dende Dazibao Rojo adicamos estas palabras para honra da súa memoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario