viernes, 30 de agosto de 2013

GALIZA: Declaración do CC do PCmGaliza





GUERRA A GUERRA !

Diante unha nova acción de agresión aberta contra Siria polas potencias imperialistas EE.UU, Reino Unido, Francia, Turquía, da OTAN e dos sionistas do Estado de Israel desde o Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza manifestamos:

1º Estamos diante dunha nova guerra imperialista para o reparto do mundo e das súas riquezas naturais. Unha guerra imperialista de agresión, rapiña e codicia.

2º Nada do que fagan o digan é en beneficio do pobo sirio. Non é máis que unha nova guerra de conquista por moito que falen de liberdade. Que ninguén se engane! Estamos nos comezos dunha nova guerra cruel e sanguenta.

3º É o noso deber internacionalista denunciar esta nova agresión na que o Estado español coopera de forma vergonzante permitindo o uso das bases aéreas e navais para a destrución dun pobo como o sirian que ven sufrindo unha cruenta guerra interna.

4º Reafirmar que o único camiño de liberación dos pobos é a Guerra Popular  tanto contra o imperialismo estranxeiro coma a propia oligarquía opresora.

Polo exposto facemos un enérxico chamado ao noso pobo, ás súas organizacións políticas, sindicais e masas así como aos intelectuais progresistas a mobilización contra esta nova guerra.
Que nas rúas dos nosos pobos e cidades sone un mesmo berro:

GUERRA Á GUERRA !

Galiza, 29 de agosto do 2013
Comité de Construción do
Partido Comunista maoísta da Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario