jueves, 24 de octubre de 2013

GALIZA: Comunicado do PC maoísta da Galiza





Ao profesorado e ao estudantado da Galiza
Compañeiros e compañeiras:
A convocatoria de folga xeral no ensino o vindeiro dia 24 de outubro é unha tardía resposta as medidas adoptadas contra os traballadores e traballadores e contra mocidade coa chamada “Lei Wert” polo goberno reaccionario burgués de Mariano Rajoy, fiel lacaio do FMI, BM e da UE.
Temos que facernos unha pregunta; ¿chega esta mobilización para frear as reformas reaccionarias no ensino, na sanidade, nos dereitos dos traballadores e traballadoras?

Nós pensamos que non ! Por moito que dirixentes sindicais e políticos do vello réxime borbónico afirmen que hai que negociar coa patronal e o goberno.
Nós pensamos que tal pacto non seria mais que unha nova traizón á mobilización, aos intereses da clase obreira e ao pobo traballador.
Tampouco o caduco electoralismo é a solución, mais ben é mais do mesmo; engano, corrupción e privilexios.
Nós pensamos que temos que traballar, neste intre, por un gran pacto das forzas populares revolucionarias, tanto na Galiza como no Estado español, mais para a convocatoria dunha Folga Xeral Indefinida que derrube ao goberno reaccionario e que poña fin á monarquía herdeira do franquismo.
Neste novo marco coidamos necesario na Galiza:
·         Construción dun goberno provisorio, obreiro e popular que convoque unha Asemblea Constituinte na Galiza.
·         Á proclamación da República Socialista Galega.
Non son simples desexos, si definimos con claridade os nosos obxetivos,  hoxe podémolo lograr si estamos dispostos a loitar dun xeito consecuente.

Galiza, outubro 2013

Adiante a loita obreira e popular !

Comité de Construción do PC maoísta da Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario