sábado, 13 de diciembre de 2014

GALIZA: Comunicado do CC PCmG sobre a detención do compañeiro Igor Mendes do MERP.






Comunicado

Diante da detención e encarceramento do compañeiro Igor Mendes activo membro do MERP e da Fronte Independente popular-RJ queremos amosar a nosa solidariedade internacionalista cos prisioneiros políticos e a nosa enérxica repulsa a onda de detencións represivas do hipócrita goberno de Dilma Roussef que mentres presenta informes sobre a represión das ditaduras militares, continua a mesma política de opresión contra o pobo.
Os compañeiros e compañeiras do Brasil contan co cariño e respaldo do pobo brasileiro e do resto do mundo namentres as accións represiva da oligarquía brasileira, por moito que pretendan ocultalas tan só amosan seu descrédito e bancarrota.
O pobo brasileiro ten o pleno respaldo do pobo galego co que compartimos non só a lingua, tamén as ansias de liberdade.

Galiza, 12 de decembro do 2014.

Comité de Construción do Partido Comunista maoísta de Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario