Foto de Stop Despejos Corunha - O resultado da atuaçom policial.
Galiza - Stop Despejos Corunha - Apoiando a convocatoria estatal de No Somos Delito, ás 20h do dia 30 de xuño concentráronse unhas 400 persoas de forma pacífica no Obelisco para protestar contra a Lei Mordaza, que dende día 1 de xullo é firme.
Ante a interpelación dun compañeiro pedindo explicacións por estas medidas, o xefe do operativo dixo que non precisaba de identificar, que “yo os conozco a todos y no necesito identificaros”, recoñecendo así as listas de activistas que dende o noso colectivo contra os despexos teñen denunciado. A tensión policial contrastaba co ambiente tranquilo e reivindicativo da protesta.
Tras estar alí un tempo, a manifestación dirixiuse pola rúa Real cara a Subdelegación do Goberno. Ó chegar alí, e antes de poder ler o manifesto, apareceron de novo os antidisturbios e sen mediar palabra comezaron a empurrar á xente, inmobilizaron e retiveron a unha persoa pola forza, retorcéndolle os brazos, baixo a excusa de que “estaba cortando o tráfico”. Cando a xente, alarmada, acudiu a pedir explicacións, non tiveron reparos en aporrear sen ningún tipo de control e ensañándose con algunhas persoas ás que ameazaron previamente con frases do tipo “a ti y a ti os tenemos ganas y vamos a ir a por vosotros”. Unha destas compañeiras foi brutalmente agredida tirándoa deliberadamente ó chan e sendo golpeada con crueldade repetidas veces, con o resultado da fotografía que acompaña este artigo.
Nos últimos anos en manifestacións como esta nunca houbo incidentes violentos: unicamente os provocados polos antidisturbios demostrando a súa intención de amedrentar ós colectivos que reivindican os seus dereitos. A nova Lei Mordaza non fai máis que legalizar e sistematizar estas prácticas de abuso de poder. Por todo isto esiximos a dimisión do xefe de operativo responsable destes actos, a do Subdelegado do Goberno e do Delegado do Goberno como responsables políticos directos, e a disolución das unidades antidisturbios como corpo pensado para reprimir a sociedade civil.
De Stop Desafiuzamentos "non nos queremos esquecer de amosar o noso agradecemento a tódalas persoas que non teñen medo. Con ou sen Lei Mordaza imos seguir defendendo os dereitos e liberdades de todas nós".
No hay comentarios:
Publicar un comentario