sábado, 4 de julio de 2015

YEMEN: Duros golpes ao exercito agresor saudí


correovermello-noticias
Saná, 04.07.15 
Fontes do portal Ispantv, que citan un informe da intelixencia yankee, dan conta que dende o comenzo da agresión contra Yemen por parte da monarquia feudal saudí, co apoio dos EE.UU. e outros países arabes, o exercito iemeni xunto as milicias populares de Ansarolá teñen destruido perto de 500 vehiculos blindados e causado a morte de uns 2300 soldados saudis entre eles o comandante da forza aérea saudí, o teniente xeral Mohamad bin Ahmed Al-Shaalan, que morreu nun ataque de misis iemenis a base aerea de Amir Halid da cidade saudí de Jamis Mushait.
Así mesmo as forzas iemenis teñen destruido, , 98 postos militares saudís nas provincias de Al-Najran, Jizan, Al-Asir, Dhahran, Jamis Mushait e atacado con cohetes Tipo Scud a base Al-Sulayyil, na provincia de Riad, na que foron destruidos un gran numero de avíons de caza e a base da cidade de Jamis Mushait, no que morreu entre outros o xefe da forza aérea saudí.
Esta é a dura resposta do pobo iemeni ao cobarde ataque a seu país que ten provocado según fontes da ONU a morte de 2800 persoas, na sua maioria civis, e mais de 13000 feridos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario