martes, 25 de agosto de 2015

TURQUIA E KURDISTAN NORTE: Mais dun cento de provincias declaradas "zonas militares de seguridade".





correoverrmello-noticias
Ankara, 25.08.15
A prensa turca da conta da morte de dous soldados en Semdilin e dun oficial da policía na provincia de Mardin.
En Selemdin, o vehiculo militar foi alcanzado por unha mina, colocada a seu paso por guerrilleiros, supostamente, do clandestino PKK deixando tamen a tres militares feridos, que foron trasladados de urxencia ao Hospital. No caso do oficial da policía fascista foi tiroteado nunha localidade da provincia de Mardin cando visitaba a sua familia.
Tamen dase conta que as provincias declaradas en Zonas de Seguridade Militar, polo goberno fascista, pasan do centenar.
Na cidade de Adana foi detida e posteriormente torturada a xoven Figen Şahin. A mesma declarou a seu avogado que todolos os presos estaban a ser torturados na comisaria policial. Agora atopase hospitaliza debido as torturas policiais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario