jueves, 3 de septiembre de 2015

MANIPUR: Folga xeral paraliza o Estado.



correovermello-noticias
Imphal, 03.09.15
O Estado de Manipur, continua paralizado pola folga xeral, despois dos graves sucesos destes días, provocados pola aprobación dunha serie de leis anti-populares, que son consideradas un ataque directo aos dereitos da poboación tribal, mais pola criminal represión destada polas autoridades de ocupación indias.
Organizacions politicas das diversas nacionalidades de Manipur, como o Concello Unido Naga (UCN), tense sumado aos chamamentos a extender o bandh, informa a prensa local,  reitereando as  esixencias de unha investigacion polos asesinatos dos oito manifestantes pola policía e a inmediata retirada das leis ILP.
Informase da constitución dun Comité de Acción Conxunta formado por organizacions estudiantis, de mulleres e de traballadores en Churachandpur, que ten feito un chamamento a organizar sentadas de protesta polos asasinatos esixindo a retirada das leis  eo castigo aos criminais.
Reportanse poucos incidentes, como o ataque a unha oficiña zonal de Educación, nun día marcado polos masivos funerais das victimas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario