martes, 1 de septiembre de 2015
TURQUIA E KURDISTÁN NORTE: Dous periodistas britanicos detidos pola policía en Diyarbakir.
correovermello-noticias
Ankara, 01.09.15
A prensa turca informa da detención de dous reporteiros de nacionalidade inglesa na provincia de Diyarbakir acusados de "vinculos cos terroristas".
Os reporteiros Jake Hanrahan e Philip Pendlebury e seu interprete o iraqui Mohammed Ismael Rasool foron arrestados onte, despois que se lles atopara un caderno coas siglas e datos das organizacions revolucionarias clandestinas. Así mesmo foi incautada pola policia unha gravación na que aparecen supostos membros das YDG-H preparando explosivos e cocteles Molotov.
Os periodistas eo interprete rexeitaron as acusacions e denunciaron que a policía o pretende que non se informe do que esta a acontecer no Kurdistán Norte.
Noutro informe dase conta da retención por parte das HPG dun responsable do AKP, na provincia de Tunceli, o pasado día 29. O politíco do AKP, Solimán Canpolat, foi retido nun control de carretera efectuado polos guerrilleiros do PKK que posteriormente incendiaron o vehiculo do político do partido gubernamental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario