lunes, 21 de septiembre de 2015
TURQUÍA E KURDISTÁN NORTE: Guerrilleiros das HPG derruban helicoptero Cobra.
correovermello-noticias
Diyarbakir/Amed, 21.09.15
Fontes da guerrilla do PKK informan do derrubo dun helicotero, tipo Cobra, do exercito turco que atacaba posicions das HPG no area de Tendürek o pasado día 17. Informase da morte dos seus dous pilotos.
Onte en Istambul, 26 axentes da policía fascista resultaron feridos de diversa consideracion, cando o autobus no que viaxaban estoupou no distrito de Yenikapi. O vehiculo policial facia parte dun operativo de seguridade dunha manifestación pro-gubernamental. Ainda no ten sido reivindicado o ataque por ningunha organización guerrilleira.
Por outra banda continuan os arrestos masivos de militantes de partidos opositores aos islamistas do AKP ou de periodistas de xornais ou axencias informativas.
Informase da detención de 85 membros do Partido Democrático Popular (HDP) e do Partido de Unidade Democratica (PAD). Foron detidos cando trataban de rachar o cerco das forzas represivas no distrito de Sanson, Batman, declarada polo exercito fascista como "zona especial de seguridade".
Tamen, dase conta, da decisión do Ministerio do Interior, de reclutar unhas cinco mil persoas nunha garda rural, para reforzar sua extratexia anti-guerrilleira, de enfrontar masas contra masas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario