Comunicado.
Diante a onda de arrestos e agresións contra estudantes e
profesores da Universidade Jawaharlal Nehru de Delhi, acusados de sedición polas autoridades
reaccionarias da India, o Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India
quere amosar a súa solidariedade e apoio a par de rexeitar a onda represiva desatada
polo goberno ultra reaccionario e fascista
do premier Modhi.
Son moitas as masas que mobilízanse en apoio dos detidos
e contra as leis antipopulares e represivas, dun goberno que leva a millóns de
persoas a fame e o suicidio, que esta a
saquear as riquezas mineiras do país, deixándoas en mans de multinacionais
mineiras que destorzan os campos e os pobos. O mesmo goberno que deixa que
empresas , coma Monsanto arruínen a milleiros de campesiños con seus cultivos de
sementes modificadas.
Ese é o goberno indigno de falso “patriotismo” o que
acusa a estudantes e profesores de sedición por manifestar súa lexitima
protesta ante tanta opresión.
Dende Galiza, dicímoslle que estamos con eles e súa xusta
loita, que é a loita de todos os pobos
contra a opresión imperialista.
A Rebelión Xustificase !
Adiante a loita da JNU !
Liberdade para o dirixente estudantil Kanhaiya Kumar e o
profesor GAR Geelani e demais detidos !
Libertade aos prisioneiros políticos!
Fora o fascismo hinduísta de Modhi da JNU !
Galiza, 18 de febreiro do 2015
Comité Galego de
Apoio a Guerra Popular na India
No hay comentarios:
Publicar un comentario