Loitar en defensa dunha Catalunya libre!
Ao pobo traballador:
A destrución das institucións cataláns e súa usurpación en base do artigo 155 polo
goberno reaccionario da oligarquía española teñen que ter non so unha
resposta popular en Catalunya, senón en todo o Estado español.
Fronte
a compracencia dos partidos políticos do réxime e seus vergoñentos
aliados é preciso erguer unha forte resposta dos pobos oprimidos polo
Estado español, en base do internacionalismo proletario, esta tense que
concretar na constitución de organismos de loita popular ou asembleas
populares de apoio ao pobo catalá. Organismo amplos, de fronte, capaces
de mobilizar aos sectores democráticos e progresistas do pobo a tódolos
niveis, capaces de facer fronte a represión do réxime, mesmo a
ilegalización dos partidos que non se dobreguen ao Estado español e súa
constitución monarco-fascista.
Chamamos a unha grande unidade contra a deriva autoritaria e fascista do réxime do PP e as súas comparsas do PSOE, Cidadáns, EU e demais partidos deste podre réxime.
Grande unidade de tódolos sectores e camadas populares do noso
pobo traballador en defensa dos Dereitos do Pobo:
Polo dereito de Autodeterminación dos pobos!
Polos dereitos democráticos de expresión e manifestación!
Preparar a Folga Xeral Revolucionaria!
Guerra Popular ata o Comunismo!
Pola República Popular Galega!
Galiza, 25 outubro do 2017
“Ano do Centenario da Grande Revolucion Socialista de
Outubro”
Comité de
Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario