martes, 14 de noviembre de 2017

GALIZA: Documento do C.C. do PC-maoísta da Galiza "Sen Revolución Socialista non hai Soberania Nacional"


Sen Revolución Socialista non hai Soberanía Nacional.

Na actual situación, nos acontecementos no Estado español e na Catalunya, compre sinalar con claridade cal é a liña dos comunistas.
A cuestión das nacionalidades ou nacións oprimidas dentro do actual Estado español; Catalunya, Galiza, Euskal Herria e Canarias ten representado unha contradición histórica pendente da revolución democrática, vencellada agora intrinsecamente a Revolución Socialista no conxunto dos pobos da península Ibérica.
Polo mesmo, a nosa liña, baseándonos na posición leninista do Dereito de Autodeterminación dos pobos, esta é, a independencia dos mesmos, é apoiar a loita de liberación nacional, na procura que o proletariado asuma a dirección de ditos movementos, baseado nos tres instrumentos da revolución; o Partido proletario, a Fronte Única e o Exercito Popular. É moi importante a comprensión da necesidade deste ultimo pois sen Exercito Popular nada terá o pobo.


O desenvolvemento dunha Liña e un Programa correctos nesta cuestión é unha tarefa fundamental para a clase obreira pois na mesma son moitos os erros que se cometeron, polas direccións oportunistas ou revisionistas, no movemento comunista na península Ibérica.
Temos que denunciar enerxicamente ou chovinismo de grande nación españolista dos revisionistas do falso P”C”E / IU e dos social-traidores do PSOE, máis as actitudes vacilantes e cómplices co mesmo de Podemos e as súas siglas.

A liña histórica dos revisionistas e da pequena burguesía nacionalista foi véncellar o dereito de autodeterminación a unha cuestión legal, mesmo a un referendo no marco do actual estado burgués,(paradigma de Escocia, Quebec..) esta liña, representada na Catalunya por ERC, PdC ou Podem (na Galiza, o BNG e Mareias)  so conduce a frustración do movemento de liberación nacional é oculta que non pode hai Soberanía Nacional, sen Revolución Socialista.

A outra falsa liña vístese de “esquerda” e chama por “Independencia e Socialismo.” Realmente asemellase moito a anterior, pois non só non define o Socialismo como revolución proletaria (reformismo dentro do estado burgués ou da UE) se non mesmo agacha, que a independencia só se poderá conquerir destruíndo o poder da nación opresora pola loita revolucionaria e violenta da masas.
Agora ben, a pequena burguesía nas nacionalidades representa unha clase revolucionaria e patriótica, e a nosa organización debe saber traballar, entre o sector máis progresista da mesma, para poder por medio da unidade/loita dar unha dirección proletaria a seus prantexamentos, a vez que traballar por illar a súa ala dereita.

Consecuentes coas teses da Revolución Socialista temos que combater as erradas concepcións do análise colonial para estas nacionalidades (coa excepción de Canarias), pois as mesmas ignoran que ha realidade destas sociedades é, xa, dun capitalismo avanzado e polo mesmo, aínda que se poda considerar a loita de liberación nacional como unha tarefa da revolución democrática, é, hoxe, nestas circunstancias do desenvolvemento do imperialismo no Estado español parte intrínseca da Revolución Socialista.
Revolución Socialista que só pode significar a destrución do poder da oligarquía financeira e compradora e do seu vello Estado pola violencia revolucionaria, pola guerra popular.


Polo mesmo a nosa organización ten que traballar firmemente na construción concéntrica dos tres instrumentos da revolución; o Partido, A Fronte e o Exercito Popular. Preparando a organización para facer fronte, dun xeito vitorioso, a estas ineludibles necesidades históricas.

Seguir o exemplo luminoso da Grande Revolución Socialista de Outubro do que celebramos con xúbilo o seu centenario e baseándonos no marxismo-leninismo-maoísmo, tomando como principal o maoísmo, analizar as contradicións existentes na nosa sociedade e defender, dende o internacionalismo proletario, a xusta loita da liberación nacional dos pobos oprimidos, no Estado español, tal é a nosa tarefa nestes momentos, no que ha crise do réxime da restauración borbónica do 78 afondase coa loita nacional en Catalunya. 

Galiza, novembro do 2017

Comité de Construción do Partido Comunista-maoísta da Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario