miércoles, 13 de diciembre de 2017

GALIZA: Lidia Senra e as vacinas. O debate da saúde. Un artigo do compañeiro Martin Naya





Lidia Senra e as vacinas. O debate da saúde.

Lidia Senra é unha euro-deputada galega, pola coalición AGE, que en agosto pasado fixo unha pregunta a Comisión Europea sobre a información e obrigación das vacinas e agora mesmo é centro dun debate que algúns queren utilizar para descualifícala a vez que agochan o verdadeiro debate neste tema: Quen debe de ter o poder sobre a  saúde da poboación?

A resposta a mesma sitúa aos actores do debate en posicións antagónicas sen conciliación posíbel. Uns, dende o clásico discurso metafísico, falaran en abstracto da “Ciencia” como único lexitimador do poder, obviando a realidade do modo de produción capitalista, como feito obxectivo e outra posición que parte desta ultima realidade para cuestionar o poder das multinacionais farmacéuticas e seus lobbie a decidir sobre a saúde da poboación.
Esta é a cuestión central do debate no que encadrase a pregunta da Euro-deputada Lidia Senra.
Tratar de descualificala polo seu suposto escaso coñecemento científico coma fan algúns, dende púlpitos do saber corporativo, ou presentala como a Juana de Arco dos “naturistas” só amosa como tratan de agochar la importancia dunha resposta clara na cuestión do poder, a ves que define o posicionamento dos mesmos, ao marxe das súas intencións, en prol dunha ciencia, mediatizada polo capitalismo e as ganancias como ultima e lexitima detentora do poder de decidir que esta “ben ou mal”.

Así, en última instancia, é nos Consellos de Administración das multis-farmacéuticas as que deciden sobre a nosa saúde, ou a medicalización innecesaria de moitas supostas patoloxías, e ninguén, co un pouco de sentido común, negara que as contas de resultados crecen en función das ventas de fármacos ou servizos.

A falta de investigación sobre “enfermidades raras” non obedece a criterios de destinar, os recursos “limitados,” a enfermidades mais importantes numericamente, obedece ao único criterio da rentabilidade eo beneficio empresarial, digámolo claramente!

Esto tamén, pódese aplicar a certo tipo de vacinas, cuia eficacia non esta de sobra comprobada. Agora ben, non tratase de argumentar mesmo desde o punto de vista da investigación, senón do poder  de decisión, que para calquera persoa de esquerdas, ten que estar en mans da poboación.

O negocio da saúde, a mediciña privada en si mesma, deslexitima súa obxectividade científica, ou cando menos a cuestiona. Non vou a falar das practicas das farmacéuticas en Africa ou das súas sacro-santas patentes de sobra coñecidas, pero si recordar que mentres outros están moi cómodos coa sociedade actual,  Lidia Senra e que o subscribe non.

A Coruña, 12.12.17

Martin Naya.  
É membro do Grupo de Estudos Marxistas de A Comuna.

No hay comentarios:

Publicar un comentario