viernes, 29 de junio de 2018
GALIZA: Onda represiva contra loitadores populares na Coruña.
correovermello-noticias
A Coruña, 29.06.18
Baseandose en denuncias policiais, tanto de local coma da nacional, de supostos actos violentos nas protestas contra o desaloxo da ocupa A Insumisa, ou pasado de 23 maio, teñense producido unha onda de detencións ou imputacións a diversos loitadores populares ou activistas anarquistas.
Xornais galegos informan que o coñecido loitador popular, o bombeiro de A Coruña, Roberto Rivas ten comparecido no acuartelamento policial de Lonzas, para coñecer as acusacions feitas pola policía contra el, como suposto instigador dos disturbios acontecidos a tarde do día 23 de maio. Distubios que foron provocados por unha brutal carga policial contra os concentrados que protestaban pacificamente polo desaloxo ordeado polo Concello da Marea.
Existe unha grande tensión nos diversos colectivos por esta nova onda represiva na cidade, que teñen reclamado a dimisión da concelleira responsabel, Rocio Fraga.
O pasado martes foi detido outro activista que foi posto en liberdade con cargos mentras outro mozo foi posto en liberdade na carcere de Teixeiro logo de pagar unha fianza de tres mil euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario