viernes, 4 de enero de 2019

GALIZA: Mensaxe de aninovo do CC-PCmG



Pela construción dun poderoso Partido Comunista maoísta na Galiza.

Camaradas, compañeiras e compañeiros:

Reciban un fraternal saúdo vermello, dos camaradas que facemos parte do Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza, neste novo ano 2019.


Este novo ano, ten que representar un grande salto adiante, na nosa tarefa central, a construción dun poderoso partido proletario na Galiza, baixo o mando e guía do marxismo-leninismo-maoísmo, principalmente maoísmo, vencellado a loita de clases e as masas populares. Facemos un chamado a unirse ao noso traballo, as mulleres e homes honestos e revolucionarios do país.


Este ano tamén veremos crecer o nivel das loitas, que as masas populares do noso país, terán que levar a cabo na defensa de seus intereses.


Vemos coma medra a precariedade, os salarios de miseria, mentres os grandes empresarios e políticos do réxime, enriquécense nunha orxía de privatizacións dos servizos públicos, enchendo de sufrimento ao pobo traballador.


Vemos coma as multinacionais mineiras desembarcan, da man da Xunta, en diversa partes do país, para espoliar as nosas riquezas naturais, destruíndo fauna e flora, contaminando as augas e os nosos rios.


Vemos as multinacionais destruír postos de traballo, coma é o caso de ALCOA na Coruña, e coma a resposta do goberno e dos partidos da chamada oposición (non esperabamos outra cousa) ponse de xeonllos diante dos imperialistas yankees, para ofrecelos unha tarifa eléctrica preferente. Mentres, as masas, enfrontan a subida dos prezos da electricidade, de produtos básicos e carburantes.


Este ano tamén, teremos un novo circo electoral da podre democracia da restauración borbónica e mais no proxecto imperialista europeo.

Nada pode esperar o pobo traballador galego, deste circo electoral, simplemente, novos representantes dos intereses da grande burguesía e mais  medidas de “austeridade” do FMI ou de Bruxelas.

A clase obreira e ao pobo traballador galego, ninguén o representa, e moito menos os falsos partidos progresistas do réxime; PSOE, EU, Podemos, As Mareas ou BNG.


É por todo este, que chamamos ao boicot das mesmas, denunciándoas coma un novo fraude dos electoralistas, para facer parte do réxime e cabalgar sobre o lombo do pobo lexitimándoo “democraticamente”

Traballaremos a reo, para artellar unha ampla plataforma, para levar a cabo este necesario e xusto boicot.


Mesmo, continuaremos coas campañas en apoio as guerras populares no mundo e nas campañas internacionais en defensa dos prisioneiros políticos , Pdte. Gonzalo (Perú), Camarada Ajith,  profesor GN Saibaba (India) ou do Dr. Ernesto Sernas (México) e outros milleiros de prisioneiros de guerra e políticos no mundo.


Doutra banda a nivel internacional, acentúanse as contradicións entre as potencias imperialistas, polo reparto do mundo, con enfrontamentos abertos ou guerras de baixa intensidade que destruín países e pobos. As luminosas guerra populares na India, Filipinas, Perú, Turquía sinalan o autentico camiño da liberación dos pobos, fronte as ilusións electoralistas dos revisionistas e oportunistas.

Compre recordar sempre a consigna do Presidente Mao; Desbotade as ilusións e prepararse para loitar!

Con grande optimismo, vemos como as forzas comunistas no mundo, avanzan cara unha Conferencia Internacional unificada baseada no m-l-m.


Este ano pasado, temos feito parte da grande celebración internacional do 200 aniversario de Karl Marx, máis do 125 aniversario do natalicio do Presidente Mao Tse-tung. Mesmo tamén temos participado en importantes eventos internacionais, que representan un duro golpe aos designios dos revisionistas e liquidadores. 

O noso traballo continua, con avances e retrocesos, máis non imos rendernos nesta importante batalla, ideolóxica e política para facer do maoísmo mando e guía da Revolución Socialista na Galiza, vencellada firmemente a Revolución Proletaria Mundial.


Galiza a primeiro de xaneiro do 2019



Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario