jueves, 25 de julio de 2019

GALIZA: Comunicado do Comité de Construción do PC maoísta da Galiza.






“Para chegar à libertaçâo completa, os povos oprimidos  devem apoiar-se em primeiro lugar na sua própria luta, e só despois na ajuda internacional. Os povos cujas revoluçôes ja triunfaran deben ajudar aos que ainda lutan pola sua liberaçâo. Esse é nosso deber internacionalista.”
Mao Tse-tung  (1963)


Ao Pobo traballador galego:

No día da Patria Galega, o Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza quere saudar as masas do pobo traballador galego e render un sentido homenaxe a tódalas e tódolos os heroes que teñen dado súa vida pola clase obreira e o pobo traballador.
Estamos a vivir unha situación de permanente agresión da burguesía contra os dereitos, mesmo democráticos, dos traballadores e traballadoras, mais temen contra a nosa terra, vendida a empresas multinacionais mineiras ou madeireiras.
Saudamos particularmente as organizacións e as masas que téñense organizado para loitar contra o espolio!
A burguesía financeira, fracción especuladora e parasitaria que a nivel internacional impón a gobernos  monicreques como o do Estado español, seus ditados profundamente lesivos para a clase obreira e o pobo traballador.
O vello Estado español, a monarquía herdeira do franquismo e mesmo as súas Autonomías carecen de toda lexitimidade para decidir o noso destino.
Na Galiza, vemos bancarrota total do electoralismo de falsa esquerda, no espectáculo dos pactos e o reparto dos postos e soldos. Carecen de calquera lexitimidade para falar en nome do pobo!
Os vellos partidos políticos do sistema, incluída a chamada “esquerda,” non son, nunca o foron, instrumentos ao servizo do pobo, como moito teñen a función de maquillar e lexitimar o vello Estado.
Hoxe na Galiza, o proletariado carece dun partido de novo tipo, un partido diferente a tódolos da burguesía e seu sistema capitalista de explotación.
A construción do mesmo é tarefa central, para que no marco de Revolución Socialista fagamos realidade a proclamación dunha República Socialista da Galiza, que en pé de igualdade cos demais pobos da península Ibérica decida o seu destino.
A construción deste partido, armado coa ideoloxía revolucionaria do marxismo-leninismo-maoísmo é o único garante de avanzar na revolución, que poña fin á opresión de clase e nacional.
Partido vencellado as tarefas da Revolución Proletaria Mundial, que aplique, dun xeito dialéctico, a ideoloxía proletaria as condicións concretas da revolución na Galiza. Para iso precísanse os mellores fillos e fillas da clase obreira e do pobo traballador galego, dispostos a loitar por unha nova Galiza.  Adiante! 
Coma comunistas galegos, neste Día da Patria, facemos un enérxico chamado internacionalista ao pobo e as súas organizacións, para apoiar os procesos revolucionarios de guerra popular, na India, nas Filipinas, na Turquía ou no Perú, que fan parte fundamental da Revolución Proletaria Mundial.

Viva o Día da Patria Galega!
Viva a futura República Socialista da Galiza!
Viva o Marxismo-Leninismo-Maoísmo!, invencíbel ideoloxía do proletariado!
Viva o Proletariado galego parte indivisible do proletariado internacional!
Abaixo o vello Estado español e tódolos explotadores!

 Galiza, Día da Patria Galega 2019

Comité de Construción do Partido Comunista maoísta  da Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario