Redacción Sermos Galiza.
Fayed Balawi (FPLP) falará en Foz sobre a situación de Palestina na crise de Oriente Medio
Fayed Badawi, representante en Europa da FPLP
Organiza A Pomba do Arco. Será o 23 de xullo na Casa da Cultura.
Fayed Badawi naceu no campo de refuxiados
palestinos de Tal az-zatar, en Beirut Leste e é supervivente da matanza
de Sabra e Chatila, na que a falanxe cristiá libanesa masacrou ante a
pasividade israelita máis de 500 refuxiadas. Veterano da batalla de
Beirut, militante da resistencia palestina desde os 12 anos e incansábel
conferenciante e divulgador da situación de Palestina por toda Europa,
estará en Foz o día 23.
Badawi é representante en Europa da Fronte Popular de Liberación de
Palestina (FPLP), organización laica e marxista que loita contra a
ocupación israelita. En Foz estará convidado por A Pomba do Arco, para
dar unha palestra sobre sobre “A situación de Palestina na crise de
Oriente Medio”.
Será a terza feiras 23 de xullo ás 20:30 na Casa da Cultura “Poeta Manuel María de Foz”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario