domingo, 14 de julio de 2019

GALIZA: Represión contra o independentismo. Audiencia Nacional retira acusación de “pertenza a banda armada” contra os 9 independentistas detidos na 'Operación Jaro'

“Vaise cara a un macro-proceso contra o independentismo galego organizado”

Redacción / Sermos 14 xullo 2019

Audiencia Nacional retira acusación de “pertenza a banda armada” contra os 9 independentistas detidos na 'Operación Jaro

Case catro anos despois do operativo da Garda Civil que detivo estes militantes de Causa Galiza o tribunal xa só mantén contra eles a acusación de “apoio e enaltecemento”.

A finais de outubro de 2015 un xigantesco e chamativo operativo da Garda Civil desenvolveuse en diferentes pontos da Galiza (Compostela, Vigo, Boiro, Muros...) para deter 9 militantes de Causa Galiza baixo unha serie de graves acusacións que podían implicar para as persoas detidas un importante número de anos en prisión. Case catro anos despois daquel operativo, a Audiencia Nacional vén de retirar definitivamente a acusación de “pertenza a banda armada” contra estes 9 independentistas, segundo informa a propia Causa Galiza. A única acusación que se mantén en pé contra estes nove independentistas é a de “apoio e enaltecemento do terrorismo”.

Cómpre lembrar que a gravidade das acusacións levara a Audiencia Nacional a decretar a suspensión temporal de actividades para esta organización política, o que desde diferentes sectores da sociedade galega se denunciou como unha “ilegalización de facto”. Finalmente, e despois de varios meses suspendida, o Tribunal levantou dita suspensión. Porén, iso non evitou que diversos medios seguisen a cualificar CG en máis dunha ocasión como “brazo político” dunha organización armada.

Para Causa Galiza, “o decurso dos acontecimentos fala com claridade da inexistência de garantias jurídicas no atual regime neofranquista, da cumplicidade dos principais meios de comunicaçom com as estratégias da Guardia Civil e da vulneraçom absoluta do princípio de presunçom de inocência, que se viola sem pudor quando se trata de conseguir a máxima eficiência da repressom política”.

No auto de transformación do procedemento a Causa Galiza, co que remata a fase de investigación e ao que tivo acceso Sermos Galiza, faise un amplo repaso da traxectoria política de cada unha das persoas encausadas, con informacións minuciosas sobre a súa asistencia a manifestacións, presenza en reunións de organizacións políticas e sociais ou incluso da súa participación en actos públicos de homenaxe aos Mártires de Carral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario