domingo, 11 de agosto de 2019

GALIZA: Aprestanse numerosos homenaxes a Moncho Reboiras

La imagen puede contener: 1 persona, texto 


Información do Sermos Galiza.

Destarte, distintas organizacións que reivindican a súa acción e o seu pensamento programan actos de homenaxe a un dirixente imprescindíbel na loita —durísima nas condicións da clandestinidade—por dotar o país de organizacións políticas e sindicais coas que enfrentar o réxime totalitario, sempre coa emancipación nacional no horizonte.
Estes son os eventos axendados:
UPG
A Unión do Povo Galego comeza a xornada do 12 de agosto en Dodro. No cemiterio de Imo, a partir das 12 horas, desenvolverase a ofrenda floral. En Fene, na SCDR Agarimo, Sillobre, decorrerá o xantar popular ás 14.30 horas e posteriormente, ás 16.30 horas, terá lugar a conferencia de María Pilar García Negro titulada “Lingua galega: todo pasa por ela”.
Xa en Ferrol ás 19 horas, está convocada a concentración da Praza de Armas para saír cara á rúa da Terra, onde foi asasinado Moncho Reboiras. Alí desenvolverase unha ofrenda floral e entoarase a Internacional. As intervencións políticas decorrerán ás 19.30 horas no Cantón. Tomarán a palabra Mercedes Tobío, responsábel comarcal do BNG de Ferrolterra; Paulo Ríos. secretario xeral da UMG, e Néstor Rego, secretario xeral da UPG. Ao remate, cantarase o Himno Nacional.
Nos actos organizados pola UPG entregarase material informativo sobre a campaña de micromecenado que desenvolve a Fundación Terra e Tempo para a produción do primeiro filme sobre Reboiras.
MGS
O Movemento Galego ao Socialismo conmemora a súa xornada dedicada a Moncho Reboiras o propio día 12. Ás 13 horas no cemiterio de Imo, en Dodro, terán lugar as intervencións de Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG en Dodro; Xosé Rodríguez, Mesa Nacional de Isca!; Lucía Freire, Mesa Nacional do MGS e Executiva Confederal da CIG, e de Nemesio Barxa, avogado dos represaliados nacionalistas.
Agora Galiza
Tamén o 12 de agosto, e no cemiterio de Imo, convoca Agora Galiza o seu acto de homenaxe a Reboiras. Neste caso, decorrerá ás 11.30 horas.

Por outra banda, este sábado, día 10, terán lugar outras dúas actividades. Xeira e a FPG convocan unha homenaxe popular ás 12.30 horas na praza do Toural, no barrio vigués de Reboiras, Teis.
O BNG de Dodro convoca ás 21 horas deste sábado, na Lavandeira, parroquia de Imo, un acto na memoria de Reboiras. Presentaranse "dous proxectos necesarios para a Galiza", en palabras da organización, a presentación de Nós Diario e do filme Reboiras. Acción e Corazón. Tomarán a palabra María Obelleiro, directora de Sermos Galiza; Alberte Mera, director da película sobre Reboiras, e Xoán Bautista Mariño, tenente alcalde de Dodro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario