lunes, 23 de septiembre de 2019

GALIZA: Convocan concentración frente al Consulado de Mexico en A Coruña, el proximo día 26 ´Dia de Acción Global por Ayotzinapa.



Apoiar firmemente a Xornada de Acción Global por Ayopzinapa !

Dende Galiza, nación sen estado no actual Estado español, as organizacións e colectivos asignastes queremos amosar o noso respaldo a Xornada de Acción Global por Ayotzinapa, convocado para o 26 de setembro, có galo de cumprise 5 anos, do vil asasinato de 9 estudantes de maxisterio e a desaparición doutros 43, cometido por axentes policiais, có respaldo de autoridades do estado mexicano.
A Xornada, convocada polos familiares e amigos das vítimas, é motivo para a denuncia e repudio dos millares de crimes contra o pobo, a mans das autoridades corruptas do vello estado da oligarquía mexicana ou de paramilitares a súas ordes. Mesmo responsábeis dos milleiros de desaparecidos  dende Oaxaca a Chiapas, coma o do coñecido avogado e profesor universitario, Ernesto Sernas García, secuestrado, o 10 de maio do 2018, en Oaxaca.
Na Galiza, o pobo galego e as súas organizacións mais consecuentes coa solidariedade internacionalista, queremos amosar o noso respaldo a esta Xornada de Acción e cos irmás de México en loita por unha nova sociedade, coma o que, sen dubida, soñaron os 47 estudantes que hoxe non están con nós.
Polo mesmo, facemos un chamado a o pobo traballador galego a participar nos actos que teñan lugar no marco desta Xornada de Acción Global por Ayotzinapa o vindeiro 26 de setembro.

¡Porque vivos os levaron, vivos os queremos!

¡Alto a o terrorismo de estado e a guerra contra o pobo!

Na Galiza a 15 de setembro do 2019.

Concentración na Coruña, no Consulado de Mexico, rúa de Rubine, 6 bis. O xoves 26 de setembro as 19:30 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario