miércoles, 9 de octubre de 2019

GALIZA: Comunicado do CC do PCm Galiza, Apoiar resoltamente a revolta popular no Ecuador!




 
Apoiar resoltamente a revolta popular no Ecuador!

A revolta popular contra o réxime do vello estado burocrático, ao servizo do imperialismo e do Fondo Monetario Internacional  estendese por todo lo país.
Millóns de homes e mulleres das masas populares, téñense alzado contra o goberno vendepátria e fameador do monicreque Lenín Moreno.
Xunto as heroicas masas, codo a codo, están as organizacións maoístas, coma o PCE-Puka Inti ou a Fronte de Defensa das Loitas do Pobo (FDLP-EC), que aínda que non dirixen o movemento popular, si representan a liña revolucionaria, que sinala os verdadeiros brancos nesta situación, non un cambio de goberno senón un unha revolución de Nova Democracia, que de autenticas solucións as xustas demandas do pobo.
Dende Galiza, nós os comunistas maoístas galegos, queremos amosar noso pleno apoio ao pobo ecuatoriano e aos nosos camaradas do PCE-Puka Inti e FDPL-EC que loitan pola Revolución de Nova Democracia no Ecuador.
Somos consentes da complexidade deste proceso, no que existen poderosas forzas oportunistas, reformista e revisionistas no campo do pobo.
Mentres, no vello estado, aínda conserva o poder das armas e o respaldo das potencias imperialistas.
Polo mesmo é preciso erguer unha potente campaña en apoio e solidariedade co pobo ecuatoriano e contra o FMI e seus ditados.

¡Nin Moreno, nin Correa! ¡Revolución de Nova Democracia!

¡BASTA XA, A REBELIÓN JUSTIFICASE AQUÍ E AGORA!


Galiza, 09 de outubro do 2019.

Comité de Construción do Partido Comunista maoísta Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario