miércoles, 4 de diciembre de 2019

GALIZA: Enerxica movilización en Verín contra o peche do servizo de partos.

Peche no Hospital de Verín polo peche do paritorio.

 
correovermello-noticias
Compostela, 04.12.19.
A decisión da Conselleria de Sanidade do goberno reaccionario de Feijoo de pechar o servizo de partos do hospital de Verín, ten provocado unha ampla movilización de rexeitamento da mesma.
Neste momento hai un peche indefinido de pacentes e profesionais no hospital, mentras o monicreque de Feijoo escudase en supostas "razóns medicas" e o Conselleiro afirma cousas coma"un parto non é un infarto".
O desmantelamento da sanidade publica é unha constante do goberno reaccionario e vende-patria do Partido Popular, e en particular no rural.
A enerxica respota do pobo ten sorprendido a Xunta e ao Sergas que pensaban pasar de "tapadillo" nestas datas, a medida.
Sermos Galiza informa de comunicados de colectivos como Enfermeiras en Loita, a Asociación de Matronas Galegas ou os Colexios de Enfermaría de Galiza profesionais individuais partillaron a súa valoración do peche en redes sociais. O xinecólogo do Hospital de Verín, Rogelio Viñán, foi un deles. “A cifra de seiscentos partos que se esgrime como criterio para defender o peche é unha cifra de calidade de xestión e de criterios de atención sanitaria, non se emprega para medir a calidade da atención”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario