miércoles, 17 de agosto de 2011

Galiza: Algunhas cuestions sobre a unidade dos Comunistas. Un comunicado do CLP"Manolo Bello"


ALGUNHAS CUESTIÓNS SOBRE A UNIDADE DOS COMUNISTAS

O noso Comité sempre traballou pola reconstituizón do Partido Comunista na Galiza, formando parte do MCI e da Revolución Proletária Mundial.
Reconstituizón que baseamos nos princípios da ideoloxia proletária, no carácter revolucionária da mesma. Do seu carácter de ciéncia en desenvolvimento, da necesidade da sua aplicación ás condicións especificas do noso país e da loita implacabel contra as ideas burguesas, eclécticas e revisionistas que levaron á restauración capitalista no que foron as grandes revolucións proletárias do século XX, príncipalmente na URSS e na RPCh.
A claridade neste balance, requere, esta é a nosa conclusión, asumir o Maoismo como terceira e superior etapa da ideoloxia proletária. Ideoloxia que encabeza os principais destacamentos revolucionários que fan a revolución no mundo baixo a grande bandeira vermella da revolución proletária. Ideoloxia que dá resposta aos acontecimentos ocorridos no noso movimento e sinala o camiño a seguir.

O Pdte. Mao sinalou xustamente que nos partidos comunistas hai comunistas con diversos níveis de formación e coñecemento da ideoloxia proletária. Isto temos que té-lo en conta tanta na nosa formación como nas nosas relazóns con outros comunistas, camaradas que sinceramente queren a revolución e o fin do capitalismo imperialista.
No noso país o pasado mes de abril, tres organizacións que se definen como comunistas formaron unha plataforma, o Foro de Unidade Comunista galego, como xerme de unidade de acción das mesmas.
En xeral son moitos os pontos de encontro coas ansias de unidade destes camaradas pero vemos con grande preocupación como se relega o debate ideolóxico e a loita contra o revisionismo contemporáneo, dando prioridade a acordos de unidade de acción en loitas sindicais pontoais ou en datas como o 1º de maio.

Isto camaradas, e dito con respeito, é mais mesmo. que nos levou a esta situación de liquidación do noso movimento !
Non abonda declarar-se , Marxista-Leninista para ser revolucionário. Tamén se declaraban M-L os revisionistas soviéticos nos 60 ou na actualidade a camarilla revisionista china.
Temos que ser claros nestas cuestións, enfrentarlas sériemente se non queremos repetir os erros do pasado, se queremos que as nosas declaracións non sexan simples palabras ao vento.
Non se reconstitui un partido revolucionário en torno ao eclecticismo ou a iludir os problemas xurdidos na história do movimento comunista internacional.
Hai que traballar pola Unidade/loita/transformazón- Isto é partindo dun sincero desexo de unidade, plantear loita de liñas e transformando-nos na prática. Sen sectarismo, sen colgar etiquetas, pero con firmeza nos princípios revolucionários pois como sinalase Lenin; Sen ideoloxia revolucionária non pode haber proceso revolucionário.
Galicia, agosto do 2011
Comité de loita popular "Manolo Bello"

No hay comentarios:

Publicar un comentario