jueves, 4 de agosto de 2011

Galiza: CLP "Manolo Bello" condena enerxicamente a detención dos camaradas do CEP-Bolivia.


COMUNICADO

O pasado dia 1 de agosto foron detidos, por forzas especiais da policía, nas proximidades da Universidade Pública do Alto, Bolivia, catro cidadáns peruanos membros do Centro de Estudos Populares de Bolivia.
Os detidos son os irmáns Hugo e William Minaya, José Antonio Cartonal e  Branca Riberos Alarcón todos eles residentes en Bolivia como refuxiados políticos.
Tras unha esperpéntica operación policial foron acusados de repartir propaganda contra o goberno do  Presidente Evo Morales e de contactos co clandestino Partido Comunista do Perú.
Estas delirantes acusacións contra os camaradas do CEP son a resposta de sectores do goberno do MAS ao labor de denuncia realizada polo CEP dos vínculos gobernamentais coas transnacionales e a explotación dos recursos naturais en Bolivia.
O goberno "socialista" encabezado por Evo Morales, fronte ao crecente descontento popular pretende amedrentar aos sectores máis combativos da sociedade boliviana e inventa todo tipo de patrañas e provocacións. A Universidade  Pública del Paso é coñecida pola súa enérxica loita contra as medidas anti-populares como “o gasolinazo.” Os camaradas do CEP nunca ocultaron a súa condición de comunistas, de maoístas. Isto non é un delito nin significa a pertenza a ningunha organización
Desde Galicia como comunistas, como maoístas, o Comité de Loita Popular “Manolo Bello” condenamos estes feitos e esiximos  a inmediata posta en liberdade  destes camaradas cuxo único delito é denunciar aos que trafican cos intereses do Pobo.
Galiza, Agosto do 2011

Os comunistas non son terroristas  !
Liberdade inmediata para os camaradas do CEP-Bolivia !


COMITÉ DE LOITA POPULAR “MANOLO BELLO”

No hay comentarios:

Publicar un comentario