HOMENAXE A MANOLITO BELLO PARGA.
O vindeiro xoves 11 de xullo
ás 5 da tarde no cemiterio de Oza (zona Monelos, A Coruña)
realizarase un homenaxe a Manolito Bello Parga, membro das JSU e da IV
Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Manolito foi detido o 20 de
maio de 1946 despois dun tiroteo entre a guerrilla e a Guardia Civil na rúa
Rubine da Coruña, suceso que conmocionou á cidade, e no que resultou
morto o falanxista e xornalista do Ideal Gallego, Arcadio Vilela. Manolo
Bello foi inxustamente condenado a morte e executado a garrote vil na
cárcere da Coruña o 11 de xullo de 1946 á idade de 21 anos.
O equipo de persoas que están
realizando unha investigación sobre el e os acontecementos que rodearon, tanto
a súa militancia, como a súa vida, quérenlle render unha pequena homenaxe no 67
aniversario da súa morte.
Un cordial saúdo,
Xan María Castro
María Antonia Trillo
No hay comentarios:
Publicar un comentario