miércoles, 10 de julio de 2013

GALIZA: Acto en lembranza do guerrilleiro comunista Manolo Bello Parga.

HOMENAXE A MANOLITO BELLO PARGA.




O vindeiro xoves 11 de xullo ás 5 da tarde no cemiterio de Oza (zona Monelos, A Coruña) realizarase un homenaxe a Manolito Bello Parga, membro das JSU e da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Manolito foi detido o 20 de maio de 1946 despois dun tiroteo entre a guerrilla e a Guardia Civil na rúa Rubine da Coruña, suceso que conmocionou á cidade, e  no que resultou morto o falanxista e xornalista do Ideal Gallego, Arcadio Vilela. Manolo Bello foi inxustamente condenado a morte e executado  a garrote vil na cárcere da Coruña o 11 de xullo de 1946 á idade de 21 anos.
O equipo de persoas que están realizando unha investigación sobre el e os acontecementos que rodearon, tanto a súa militancia, como a súa vida, quérenlle render unha pequena homenaxe no 67 aniversario da súa morte.
Un cordial saúdo,
Xan María Castro
María Antonia Trillo


No hay comentarios: