domingo, 14 de julio de 2013

GALIZA: Unha falsa homenaxe.




A presente carta nos foi enviada por un compañeiro de A Coruña que asistiu ao homenaxe do pasado dia 11 de xullo, no cimenterio de Oza de A Coruña, ao membro da 4ª Agrupación do Exercito Guerrilleiro de Galicia Manuel Bello Parga, detido e despois dunha parodia de xuízo, asasinado na cadea de A Coruña (Galiza) no ano 1946. 
Compartimos a denuncia do compañeiro e rexeitamos os intentos revisionistas de manipulación da figura do xoven guerrilleiro comunista.
DR-redación




 Foto/La Opinión de A Coruña.

Benqueridos compañeiras e compañeiros:
Lamento ter que informar que á homenaxe ao guerrilleiro comunista Manolo (Manolito) Bello Parga foi unha manipulación groseira da súa loita e da súa figura organizada polos renegados da Esquerda Unida/P”C”E e organizacións satélites da mesma, coma a Fundación “10 de Marzo” de CC.OO. É certo que tamén sumáronse ao acto outras organizacións e persoas coma min, descoñecedoras probablemente, das intencións manipuladoras dos revisionistas.
As intervencións, en chave sentimentaloide, trataron de presentar ao guerrilleiro comunista asasinado polos fascistas, como "un rapaz ben intencionado" e “no culpábel do delito” de executar, xunto a outros camaradas da guerrilla, a un matón da burguesía coruñesa, Arcadio Vilela Garate activo membro dun escuadrón da morte denominado “Los Caballeros de La Coruña”, responsable de múltiples asasinatos (paseos).
Expertos en falsear a historia e manipular a presentación dos feitos, os revisionistas, que despois de mais trinta e seis anos da “legalización” do seu P”C”E fan esta homenaxe, sen á mais mínima autocrítica polo silencio, cómplice coa burguesía local, enmascarados unha “comisión”. E para mais aldraxe o archi-carrillista Juan Mª Castro, antigo dirixente de CC.OO., aparece  como impulsor da “recuperación” da figura de Manolo Bello, presentándoo como alleo aos feitos polos que foi asasinado polos fascistas, na cadea provincial de A Coruña.
Que noxo, menos mal, que grazas ao traballo de historiadores, como Luís Lamela ou a colectivos, como dos comunistas do Comité de Loita Popular “Manolo Bello Parga”, coñecemos a verdadeira dimensión de heroe do pobo de Manolito Bello, da súa fortaleza e seu valor, como un combatente cualficado, nas accións do destacamento “As mariñas” do Exercito Guerrilleiro de Galicia.

Vivan os heroes do pobo!
Abaixo os renegados e revisionistas!

A Coruña, 11 de xullo do 2013
Asignado. (Omitimos o nome do compañeiro)

No hay comentarios: