A presente carta nos foi enviada por un
compañeiro de A Coruña que asistiu ao homenaxe do pasado dia 11 de xullo, no cimenterio
de Oza de A Coruña, ao membro da 4ª Agrupación do Exercito
Guerrilleiro de Galicia Manuel Bello Parga, detido e despois dunha parodia de xuízo,
asasinado na cadea de A Coruña (Galiza) no ano 1946.
Compartimos a denuncia do compañeiro e rexeitamos os intentos revisionistas de manipulación da figura do xoven guerrilleiro comunista.
DR-redación
Foto/La Opinión de A Coruña.
Benqueridos compañeiras e compañeiros:
Lamento ter que informar que á homenaxe ao
guerrilleiro comunista Manolo (Manolito) Bello Parga foi unha manipulación
groseira da súa loita e da súa figura organizada polos renegados da Esquerda
Unida/P”C”E e organizacións satélites da mesma, coma a Fundación “10 de
Marzo” de CC.OO. É certo que tamén sumáronse ao acto outras organizacións e
persoas coma min, descoñecedoras probablemente, das intencións manipuladoras dos
revisionistas.
As intervencións, en chave sentimentaloide,
trataron de presentar ao guerrilleiro comunista asasinado polos fascistas, como
"un rapaz ben intencionado" e “no culpábel do delito” de executar, xunto a outros
camaradas da guerrilla, a un matón da burguesía coruñesa, Arcadio Vilela Garate
activo membro dun escuadrón da morte denominado “Los Caballeros de La Coruña”,
responsable de múltiples asasinatos (paseos).
Expertos en falsear a historia e manipular a
presentación dos feitos, os revisionistas, que despois de mais trinta e seis
anos da “legalización” do seu P”C”E fan esta homenaxe, sen á mais mínima autocrítica
polo silencio, cómplice coa burguesía local, enmascarados unha “comisión”. E
para mais aldraxe o archi-carrillista Juan Mª Castro, antigo dirixente de CC.OO.,
aparece como impulsor da “recuperación”
da figura de Manolo Bello, presentándoo como alleo aos feitos polos que foi asasinado
polos fascistas, na cadea provincial de A Coruña.
Que noxo, menos mal, que grazas ao traballo de historiadores,
como Luís Lamela ou a colectivos, como dos comunistas do Comité de Loita
Popular “Manolo Bello Parga”, coñecemos a verdadeira dimensión de heroe do pobo
de Manolito Bello, da súa fortaleza e seu valor, como un combatente cualficado,
nas accións do destacamento “As mariñas” do Exercito Guerrilleiro de Galicia.
Vivan os heroes do pobo!
Abaixo os renegados e revisionistas!
A Coruña, 11 de xullo do 2013
Asignado. (Omitimos o nome do compañeiro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario