Comunicado
O Comité de Construción do Partido
Comunista maoísta da Galiza diante do brutal accidente do tren Madrid/Ferrol, acontecido
na tarde do 24 de xullo perto de Compostela, quere facer publico o noso fondo
pesar e plena solidariedade coas vítimas e seus familiares. Así mesmo
manifestar a nosa admiración polo decidido auxilio prestado particularmente
polos veciños e veciñas do pobo de Angrois e tamén a os servizos de rescate,
bombeiros e persoal sanitario.
Tamen calificamos de macabro e noxento
oportunismo as declaracións de persoeiros da Xunta ou a "visita" dos membros da corrupta
monarquía española presurosos por ocupar espazo nos medios informativos atentos
a traxedia.
O feito de que os sistemas de
seguridade do tren non foran suficientes, para evitar esta traxedia nunha liña
de velocidade alta, ten que ter responsables como o trazado das vías, mais ala
da responsabilidade do maquinista, un traballador cualificado ao que parece
queren botar toda-las culpas.
Esixir unha ampla investigación independente
dos feitos é hoxe unha obriga en ríspeto as vítimas desta traxedia e ao pobo galego.
Galiza, xullo 2013
Comité de Construción
do Partido Comunista maoísta - Galiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario