viernes, 26 de julio de 2013

GALIZA: Declaración do CCPCm-Galiza sobre o traxico accidente de tren en Compostela.







Comunicado

O Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza diante do brutal accidente do tren Madrid/Ferrol, acontecido na tarde do 24 de xullo perto de Compostela, quere facer publico o noso fondo pesar e plena solidariedade coas vítimas e seus familiares. Así mesmo manifestar a nosa admiración polo decidido auxilio prestado particularmente polos veciños e veciñas do pobo de Angrois e tamén a os servizos de rescate, bombeiros e persoal sanitario.

Tamen calificamos de macabro e noxento oportunismo as declaracións de persoeiros da Xunta ou a "visita" dos membros da corrupta monarquía española presurosos por ocupar espazo nos medios informativos atentos a traxedia.

O feito de que os sistemas de seguridade do tren non foran suficientes, para evitar esta traxedia nunha liña de velocidade alta, ten que ter responsables como o trazado das vías, mais ala da responsabilidade do maquinista, un traballador cualificado ao que parece queren botar toda-las culpas.
Esixir unha ampla investigación independente dos feitos é hoxe unha obriga en ríspeto as vítimas desta traxedia e ao pobo galego.

Galiza, xullo 2013

Comité de Construción do Partido Comunista maoísta - Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario