jueves, 12 de septiembre de 2013

GALIZA: Escuros traficantes. Un artigo do compañeiro Novo.





Escuros traficantes.
M. Novo
Hoxe é un dia triste, moi triste. O Pindo, lugar mítico das lendas celtas, na Galiza foi pasto das lapas.
Milleiros de hectáreas queimadas polo lume que á Xunta é incapaz de parar.
Non poño en cuestión a dedicación dos traballadores e traballadoras das brigadas anti-fogos que ano a ano ven minguados seus medios, tanto técnicos como humans. Nin mesmo aos maníacos que, disquen, prenden lume por lecer das súas tolas cabezas.
Non; É o goberno de Nuñez Feijoo. Ese ilexítimo Presidente, representante de intereses escuros, como escuras son hoxe as pedras sagradas do Pindo.
O mesmo Feijoo que mentres, nesa porqueriza de bastardos intereses que é o "Parlamento galego", reprendía a Iolanda Díaz, deputada de AGE, que nun ataque de lucidez salificouno de corrupto, e consideraba súa intervención como “irrespetuosa co Presidente o Parlamento e para ela mesma”.
O cinismo destes persoeiros é tan grande como o iceberg de corrupción do cal son eles apenas un pequeno anaco.
Traficar cos votos do pobo conduce a isto; Un traficante dando leccions de ética parlamentaria e chamando a “expulsar entre todos” a os autores do lume nos bosques e montes galegos
Que pode sacar de bo o pobo dun parlamento así?
Cando imos a expulsa-los a todos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario