Escuros
traficantes.
M. Novo
Hoxe é un dia triste, moi triste. O Pindo, lugar mítico das lendas celtas, na Galiza foi pasto das lapas.
Milleiros de hectáreas queimadas polo lume
que á Xunta é incapaz de parar.
Non poño en cuestión a dedicación dos
traballadores e traballadoras das brigadas anti-fogos que ano a ano ven minguados
seus medios, tanto técnicos como humans. Nin mesmo aos maníacos que, disquen, prenden
lume por lecer das súas tolas cabezas.
Non; É o goberno de Nuñez Feijoo. Ese ilexítimo
Presidente, representante de intereses escuros, como escuras son hoxe as pedras
sagradas do Pindo.
O mesmo Feijoo que mentres, nesa porqueriza de bastardos
intereses que é o "Parlamento galego", reprendía a Iolanda Díaz, deputada de AGE,
que nun ataque de lucidez salificouno de corrupto, e consideraba
súa intervención como “irrespetuosa co Presidente o Parlamento e para ela mesma”.
O cinismo destes persoeiros é tan grande como
o iceberg de corrupción do cal son eles apenas un pequeno anaco.
Traficar cos votos do pobo conduce a isto; Un
traficante dando leccions de ética parlamentaria e chamando a “expulsar entre
todos” a os autores do lume nos bosques e montes galegos
Que pode sacar de bo o pobo dun parlamento así?
Cando imos a expulsa-los a todos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario