Desbotar as ilusións e prepararse para loitar.
Mao Tse-tung
Diante
da condea a María Osorio, Antón Santos, Eduardo Vigo e Roberto
Rodríguez acusados de facer parte da suposta organización clandestina
Resistencia Galega manifestamos:
· As
desproporcionadas sentenzas de cadea impostas a estes mozos agachan a
clara intencionalidade de meter medo á xuventude que se está a rebelar
contra a opresión.
· No
actual momento político na Galiza e no Estado español, na que o roubo e
a noxenta corrupción non se poden ocultar, dende sectores do Estado
estase a erguer unha campaña de criminalización das protestas populares,
ben por hostigamento, multas ou sentencias xudiciais coma desta moza e
mozos galegos supostos membros dunha suposta organización
independentista clandestina.
· A
sentenza é cuestionada por amplos sectores, mesmo da oposición
burguesa, e calificada de “parcial e sobre- dimensionada”. O xuíz
impediu as testemuñas da defensa e amosou unha parcialidade na que
mesturáronse opinións con probas.
· A Audiencia
Nacional é un tribunal ilexítimo, sucesor do tristemente celebre T.O.P
franquista. É un novo e perigoso paso represivo.
Dende
o Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza amosamos
a nosa solidariedade cos compañeiros e compañeiras represaliadas, súas
familias e amigos e esiximos a inmediata posta en liberdade de todo-los
presos e presas políticas que cumpren condeas nas cadeas do Estado
español.
Galiza, 13 de setembro do 2013
Comité de Construción do
Partido Comunista maoísta da Galiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario