martes, 17 de noviembre de 2015

GALIZA: Comunicado do C.C. do PCm da Galiza polos ataques terroristas en Paris.



Comunicado


Con grande pesar e indignación revolucionaria temos coñecido os criminais atentados cometidos por supostos membros do Estado islámico, en diversos distritos da cidade de París.
¡Os condeamos enerxicamente!
Co mesmo pesar e indignación vemos e denunciamos como esta traxedia é instrumentalizada polo Estado francés para, non só estender medidas policiais de excepción que recortan dereitos básicos, como para preparar unha intervención militar xeneralizada da OTAN en Siria.
O cheiro a provocación criminal destes feitos, nun contexto de grande tensión no Medio Oriente, indican que o bloque militarista da OTAN, co  respaldo dos sionistas e a clique feudal saudí, non cesa no seu empeño de destruír o Estado sirio e a súa vez esmagar as novas forzas revolucionarias na Rojava.
O fascista Estado turco, no medio dunha grande represión contra seu pobo e do Kurdistan norte, como membro da clique belicista da OTAN, prepararse para a invasión, ata agora freada pola intervención dos imperialistas rusos en apoio dos seus aliados.
A única forza capaz de deter estes sinistros plans, son os pobos opoñéndose firmemente, audazmente, a guerra, nos países imperialistas e no Medio Oriente coa Guerra Popular Revolucionaria. Unha autentica onda de revolucións que afogue, dun extremo a outro, aos imperialistas e os reaccionarios locais, nun mar de masas armadas, guiadas polo marxismo-leninismo-maoísmo, facendo parte da Grande Revolución Proletaria Mundial.
Transmitimos nosa solidariedade e apoio aos nosos camaradas do Bloc Rouge (Unificación dos maoístas) e a noso pobo da Galiza facemos un chamamento a mobilización baixo a consigna de:

¡GUERRA POPULAR A GUERRA IMPERIALISTA!

Galiza, 15 de novembro do 2015  
Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario