Comunicado
Con grande pesar e indignación revolucionaria temos
coñecido os criminais atentados cometidos por supostos membros do Estado islámico,
en diversos distritos da cidade de París.
¡Os condeamos enerxicamente!
Co mesmo pesar e indignación vemos e denunciamos como
esta traxedia é instrumentalizada polo Estado francés para, non só estender
medidas policiais de excepción que recortan dereitos básicos, como para
preparar unha intervención militar xeneralizada da OTAN en Siria.
O cheiro a provocación criminal destes feitos, nun
contexto de grande tensión no Medio Oriente, indican que o bloque militarista da
OTAN, co respaldo dos sionistas e a
clique feudal saudí, non cesa no seu empeño de destruír o Estado sirio e a súa
vez esmagar as novas forzas revolucionarias na Rojava.
O fascista Estado turco, no medio dunha grande represión
contra seu pobo e do Kurdistan norte, como membro da clique belicista da OTAN, prepararse
para a invasión, ata agora freada pola intervención dos imperialistas rusos en
apoio dos seus aliados.
A única forza capaz de deter estes sinistros plans, son os
pobos opoñéndose firmemente, audazmente, a guerra, nos países imperialistas e
no Medio Oriente coa Guerra Popular Revolucionaria. Unha autentica onda de revolucións
que afogue, dun extremo a outro, aos imperialistas e os reaccionarios locais, nun
mar de masas armadas, guiadas polo marxismo-leninismo-maoísmo, facendo parte da
Grande Revolución Proletaria Mundial.
Transmitimos nosa solidariedade e apoio aos nosos
camaradas do Bloc Rouge (Unificación dos maoístas) e a noso pobo da Galiza
facemos un chamamento a mobilización baixo a consigna de:
¡GUERRA POPULAR A GUERRA IMPERIALISTA!
Galiza, 15 de novembro do 2015
Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario