lunes, 17 de octubre de 2011

Estado español: Saudo á Conferencia Internacional de Madrid. do CLP "Manolo Bello"



Saudo á Conferéncia Internacional de Madrid.
Camaradas, compañerios e compañeiras:
Queremos transmitir-lles un cálido saudo vermello, dos camaradas do CLP "Manolo Bello" de Galiza a todos os participantes e particularmente agradecer aos camaradas do MPP, organizadores desta importante Conferéncia Internacional, a sua convidación a intervir na mesma. Saudamos espécialmente aos heroicos membros do PCP, que en Perú enfrentan as tarefas que permitirán sair do recodo.

Camaradas:
Por todas as partes do mundo o proletariado e as masas populares enarbolan bandeiras vermellas de revolución ou revolta contra o sistema capitalista. Desde Perú á Índia, de Túnez a Grecia.
A fonda crise económica internacional, que unha vez mais, pretenden os esplotadores carrexar sobre as clases, que co seu traballo construen a riqueza e o benestar e que dia a dia lles rouba a burguesía monopolista, fai que nos próprios paises imperialistas, se erga unha grande onda de protestas e mobilidades.
Os Comunistas sabemos que sen unha organización armada co m-l-m, disciplinada e disposta a loitar en función á toma do Poder, nada terán as masas, como moito melloras temporais da sua condición de estoupación.
Por isto, a principal tarefa, é hoxe, a construcción de partidos comunistas, como nos sinalou o Pdte. Gonzalo e para iso, temos que construir unha liña revolucionária xusta. Aplicación concreta da verdade universal do m-l-m, príncipalmente maoismo, ás nosas condicións. Condicións que determinan, como sinalou o grande amauta Mariátegui, pois nengunha Revolución é cópia ou calco.
¡Con esta liña revolucionária teremo-lo todo!
O Estado español é un estado multinacional con catro nacionalidades históricas sen estado; Catalunya, Euskadi, Galiza e Canarias. O direito de autodeterminación destes pobos é tarefa dos comunistas. Por iso criemos necesário que se constituan organizacións comunistas en cada unha delas ao igual que se constituo en Catalunya en xullo de 1936 o PSUC. Partido que foi mesmo recoñecido pola IC.
Sabemos que este é un tema controvertido e queremos situá-lo na axenda dun debate que permita expresar diversas posicións.
Desde a contra-ofensiva estratégica iniciada polo P.C.P. en 1980, o MCI a demostrada a sua vitalidade e vixéncia, esmagando aos sucesivos cuarteis xerais revisionistas e renegados coas guerras populares que enarbolan a bandeira vermella da revolución. Fruto da mesma foi a constituizón a nível internacional do MRI, que en meio da loita de liñas, a pesar dos seus erros, é hoxe o único agrupamento internacional que defende o Maoismo como terceira e a sua superior etapa do M-L.
Desde certos sectores do noso movimento manifestaron-se críticas ao MRI que plantean a sua "bancarrota" ou afirmacións de cumplicidade coa renegada camariña de Prachanda/Bhattarai en Nepal. Outros afirman, en cuchicheos, que xa non hai guerra popular en Perú e que o PCP non superou o recodo.
Rexeitamos tais afirmacións e as consideramos un perigoso erro por parte destes camaradas. Obxectivamente está-se planteando a disolución do único centro internacional maoista. Non falan de rectificar os graves erros do seu Comité, criticas que compartimos, ou da necesidade da ampliación a novos destacamentos, simplesmente queren tirar pola borda todo o traballo realizado.
¡É un grave erro, camaradas!
¡Non podemos facer-lle o traballo aos nosos inimigos, aos reaccionários burgueses, aos revisionistas, aos eclécticos ou os dogmato-revisionistas que aplaudirian a sua desaparición!
¡Non podemos actuar de forma aventureira, é inaceitábel!
Unha das tarefas no traballo internacional é levar a cabo unha nova Conferéncia (ampliada) do MRI e en isto damos pleno apoio aos partidos e organizacións que dentro do MRI, como o PCP, o PCm de Italia, o Partido Comunista da Índia (Naxalbari) ou dos camaradas de Afganistán, que traballan para a realización da mesma.
Outra tarefa fundamental na fronte internacional é o apoio e apoio ás guerras populares no mundo; Perú, Índia, Bhutan, Philipinas… Todas elas pasan por distintas fases e condicións. Asi mesmo criemos que debemos de apoiar de corazón aquilos camaradas, que hoxe, enfrentan a traizón revisionista en Nepal. Deslindando con claridade co renegado Prachanda e o seu camiño de traizón pero non metendo, de forma anti-dialéctica, a "todos no mesmo saco".
Por último camaradas, sinalar que o deber dos comunistas é facer a revolución, pero sen esquecer nunca que os verdadeiros protagonistas son as masas populares como sinalo o Pdte. Mao.
A cidade que hoxe acolle esta conferéncia, foi de xullo de 1936 a 1939 a capital mundial da heroica resisténcia contra o feixismo e bandeira de Revolución no Estado español. Baixo a mesma combatieron cotovelo con cotovelo homes e mulleres de todas as aldeas do Estado ou de outras partes do mundo; sigamos o seu exemplo!
¡Honra e Glória aos fillos e fillas do pobo!
¡Viva o Maoismo, terceira e superior etapa da ideoloxia proletária!
¡Viva a Guerra Popular, camiño de liberación dos pobos!

Galiza, outubro do 2011
Comité de Loita Popular "Manolo Bello"

No hay comentarios:

Publicar un comentario